FEBREIRO MES DO AMOR
A CANDELORIA, A FESTA DA LUZ
A festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos
A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro. Consiste na bendición das candeas que despois serían utilizadas na celebración da Semana Santa (máis exactamente o xoves santo). Pero en Galicia ademais era considerada a data coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.

O nome da Candeloria está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas. Esta purificación virxinal e as candeas eran o antídoto cristián para a fertilidade romana e os fachos “lupercales”.
En Galicia non só era moi celebrada esta festa dentro do relixioso, senón que, no ámbito agrario, se celebraba o “casamento dos paxariños” Di un refrán que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”. Considerábase a esta festa coma “a do amor e do apareamento no reino animal”.
Nalgunhas comarcas, tamén era considerado o día do encantamento das cobras, pois, entre os labregos, era moi común dicir “Santa Candeloria me ampare esta cobra”, invocando poder para manter lonxe calquera tipo de serpe.
Hai outro refrán que di: “Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”.
DILLO CUN POEMA MES DA POESÍA DILLO CUN POEMA


No CPI PECALAMA celebramos o mes do amor cun concurso de poesía . Podedes enviar todos os textos que queirades (poemas, cartas, caligramas, debuxos...) ao correo da Biblioteca, teñen que ter como tema "o amor". Non te cortes e expresa os teus sentimentos a calquera persoa (pai, nai, avoa, amigo/a, profesor/a...)