xoves, 22 de outubro de 2015

Samaín 2015


      O lobo endemoñado 
 Pedro Martínez 2ºESO
Contan as lendas máis antigas e tenebrosas que xamais imaxinarías, que nas profundas e incontables fragas galegas, habita unha especie que moi poucos coñecen, esta especie é un tipo de ser que deambula entre demo e animal.
Este enxendro coñécese como "lobo endemoñado" e, son moitos os que nin se atreven a pronunciar este nome, porque se pronuncias o seu nome máis de tres veces a partir das doce da noite, é posible que recibas unha inesperada visita. 
Contan os temerarios que tiveron a coraxe de facelo e sobrevivir, que nunca viran nada igual, un ser que semella estar endiañado, duns dous metros de altura, cuns dentes coma angazos e unha mirada que xa só con ela semellaba ser capaz de facer arrecuar un exército enteiro.
Pero non quedaba aí, a parte de contarse por miles, vivían en covas ás cales levaban as súas vítimas, a maioría nenos que andaban xogando polos camiños cos seus amigos, e anciáns indefensos que so intentaban prolongar as súas tristes vidas paseando polos antigos camiños .
Así que, xa sabes , non pronuncies tres veces "lobo endemoñado" se non queres que a túa vida chegue ao seu fin antes do que debería



29 DE FEBREIRO
Ana Queijo Canedo
2º ESO
Fai uns 20 anos, na miña casa ao carón do lar, meu bisavó contoume unas historias reais sobre os anos bisestos. Como todos sabedes, os anos bisestos danse cada catro anos debido a que se lle engade un día ao mes de febreiro. Na nosa aldea os días de martes 13 nunca ocorría nada malo, senón que ocorría os 29 de febreiro.
29 de febreiro de 1934 ( ano bisesto )
Pepe, un veciño de meu bisavó, tiña uns cans de caza dos mellores xa adestrados para cazar coellos. Esa mañá erguérase moi cedo para preparar a escopeta e ir cos cans para o monte. Estaba todo anubado, perfecto para cazar. Ao chegar ao monte, Pepe ceibou os cans e empezaron a mirar por todos  lados a ver se daban cun coello. Pasaba media hora e nada, non atopaban ningún coello. Pepe moi paciente decidiu esperar outro anaquiño máis. De súpeto comezou a chover moi forte, desapareceran os cans, non había rastro deles. Pepe corría por todo o monte na súa procura ata que xa  cansou de mirar. Quedou quedo no sitio, cerrou os ollos, abriunos mirou ao seu redor e viu unha sombra negra que o rodeaba e baduaba, Pepe caiu no chan, morrera.
Non se sabe que foi esa sombra pero o que si que saben é que levaran a un veciño moi querido por todos.
29 de febreiro de 1970 ( ano bisesto )
Carme, a tía de meu avó, estaba tranquilamente facendo o xantar . Ese día tiña que facer  moita comida, xa que viñan  xantar os primos de Suíza. Non podía faltar o freixó,os cachelos, as nabizas ,o chourizo… ese día tiñan menú completo. Xa posta a mesa, sentaron todos, incluído os primos. Todos tiñan unha cara de felicidade por volver a verse e pola exquisita comida que preparara Carme.
Todos estaban tranquilamente comendo cando de repente un dos primos ( Pedro ) empezou  a tusir sen parar. Carme a pobre, chamou a unha meiga moi sospeitosa, que falaba o xustiño e que se lle pagabas o que ela che pedía facía  unha especie de beberaxe que curaba o mal. A meiga empezou a mesturar ingredientes doutro mundo, sabe Deus que era iso que lle engadía. Mandoullo tragar todo a Pedro, que mentres o estaba tomando, xa lle pagaran o que a meiga lles pedirá. Cando xa o acabou foi correndo ao baño, a meiga xa se esfumara. O noso querido Pepe fora envelenado.
Agora, no presente, eu estou co medo de que pasará no seguinte ano bisesto, o 2016.



                A rapaza da curva               Rocío Seoane 2º ESO
Nun lugar, un día 31 de outubro, dous nenos chamados Xosé e María, foron dar un paseo por cerca da casa dos seus avós Ramón e María, que por alí había un cemiterio. Aquel día segundo seus avós era o día dos mortos vivintes ou como eles lle chamaba, o ''Samaín''.
Esa mesma noite dando o paseo, o seu avó deu a volta cara a casa, Xosé preguntoulle ao avó:
  -Por que volves para a casa, fai moi boa noite-
O avó todo preocupado contestoulle
  -Volvo para a casa porque non quero morrer,son demasiado novo para morrer.
 O neno pensouno dúas veces antes de  seguir camiñando, pero seguiu.
A nena como ía máis adiante non escoitara nada diso.
 Ao cabo dun pouco, María empezou a berrar, Xosé foi  ver que lle pasaba e viu como a collía un morto. El  quería impedilo, pero o espírito, dun señor maior, antigo amigo de Ramón, el sabia que se un espírito che toca quítache a alma, así que o intentou non tocar, chegaron a cama sans e salvos.
Ramón, o avó, díxolles que se esqueceran diso, que fora unha broma súa.
Foron para a cama e como non tiñan sono, empezaron a contar historias de medo, eles como pensaban que os espíritos, as pantasmas,os zombis... Foron a unha igrexa de alí cerca para investigar o que si dicían era verdade. Entran na ''igrexa encantada'' e de repente a porta cerrase sola, acéndense as luces e apáganse , acéndense as velas, vese unha sombra pero non ven a ninguén ao seu redor. As cousas alí eran moi estrañas. María foi investigar pola dereita, Xosé pola esquerda, e de repente empeza a soar so o órgano, sae de alí unha pantasma, eles pensaron que era seu avó, pero o avó nese instante entrara pola porta xunto unha nena cun coitelo na man, eles pensaron que fora María (a avoa),pero a avoa estaba morta no altar.
A rapaza co coitelo era a rapaza da curva. Matounos a todos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario