mércores, 22 de xaneiro de 2014

YouTube EDU.

Google quere evitar que a preocupación polos contidos que alberga o seu portal de vídeos, YouTube, empurre ás escolas a impedir que os seus alumnos accedan ao mesmo. Porén, creou un YouTube escolar. Como explica no blog onde presenta o servizo, é lastimoso que para evitar as distracións dos estudantes, as escolas decidan cerrar a consulta a YouTube e con iso o acceso a miles de vídeos de contido pedagóxico. "Os centros educativos poden personalizar os contido aos que se pode acceder. Todos os centros educativos poden acceder a todo o contido de YouTube EDU, pero os profesores e os administradores tamén poden acceder a YouTube.com e crear listas de reproducción de vídeos que estarán dispoñibles" no centro académico, explica. Todos os comentarios e vídeos relacionados están desactivados, e a búsqueda está limitada a os vídeos de YouTube EDU. Para este uso responsable e formativo de YouTube, as escolas dispoñen de 300 listas de vídeos organizadas por materias. No blog onde se anuncia o servizo recórdase a imaxe do profesor introducindo un televisor na clase para poder ver un vídeo. Agora, estes vídeos poden verse desde o ordenador do alumno acotando as posibilidades de elección do mesmo e evitando una navegación polo portal xeral de YouTube que distraia a súa atención. Google recorda que en YouTube hai todo tipo de vídeos, pero que, impedir o acceso escolar ao mesmo supón perder a ocasión de contemplar un sobre la fotosíntese ou sobre a Grecia antiga. As escolas deben rexistrarse no servizo para crear a súa propia selección.
                                                                                                           Sheila Mª Parafita Rey, 3º ESO.