mércores, 17 de decembro de 2014

            Felicitacións de Nadal dos alumnos de 1º ESO

 Os alumnos de 1º ESO do CPI PECALAMA deséxanvos unhas felices festas con estas postais feitas por eles .



Felices festas 

          Na Biblioteca quedan moitos libros por ler, non perdades o costume e aproveitade para pedir de regalo un libro, que sempre é un aventura por vivir.

martes, 16 de decembro de 2014

SAMAÍN 2014


CONCURSO DE RELATOS  SAMAÍN 2014
RESULTADO DAS VOTACIÓNS

A peor noite de Samaín     1ºESO

3
A miña casa encantada      1ºESO


5
A casa encantada               1ºESO


3
Noite estraña no cemiterio  1ºESO


9
En modo zombi               1ºESO


4
A noite de Samaín           1ºESO


4
A casa embruxada           1º ESO


3
Un día moi raro                   1ºESO


3
Noite de meigas            2ºESO


6
Unha clase terrorífica    2ºESO


5
Historia da casona         2ºESO


10
O misterio das castañas  2ºESO


12
Samaín                        2ºESO


4
Lendas mariñeiras     2ºESO


12
A séptima irmá                2ºESO


13
Sombras do pasado       2ºESO


15
Pacto de norte             3 ºESO


14
A boneca de trapo        3ºESO


9
Puntuado do 1 ao 5
1º PREMIO: Sombras do pasado
2º PREMIO: Pacto de morte




                           Sombras do pasado

ANTÓN, home de ben, serio e traballador, non tivera máis remedio que ir de servinte para as Salgueiras, certos señores precisaban dunha persoa na súa granxa e el por mor a que o comera a miseria, ofreceuse. Regresaba ao seu lar cada quincena e xeralmente facíao ao anoitecer, para non perder de traballar. Esa noite non fora coma outras que tornara, chovía e facía un frío de mil demoños. Sen embargo viña alumeado pola Lúa, mais notaba que non viña só, que o perseguía algo, o que?, non o sabía. Se el se detiña, aquela cousa tamén o facía, se el apuraba o paso notaba nas súas costas un vago alento estraño que se quería facer notar.