domingo, 29 de outubro de 2017

Como converter calquera célula do corpo nunha célula nai : Células iPS e a reprogramación celular


Células iPS e reprogramación celular:como converter calquera célula do corpo nunha célula nai 

A reprogramación celular permítenos converter calquera célula do corpo nunha célula nai pluripotente. O seu descubrimento no 2006 sorpredeu a moitos científicos e cambiou a maneira de pensar sobre o funcionamento das células. A reprogramación celular abriu excitantes posibilidades para estudar e tratar enfermidades.
Sabías que...?
En soamente 3 semanas podes xerar unha célula nai  pluripotente a partir de calquera célula do corpo, incluso usando células dunha persoa de 82 anos.

Sabías que...?


Shinya Yamanaka descubriu por primeira vez as células iPS en 2006 e gañou o Premio Nobel por este traballo en 2012.

Sabías que...?


As células especializadas da pel…


...

...reprográmanse a células pluripotentes, marcadas en verde na foto anterior.

Se queres saber máis...
Reprogramando as nosas células

Se queres ver un video  sobre o descubrimento de Yamanaka ...







Fonte: Eurostemcell


mércores, 25 de outubro de 2017

PERGAMIÑO VINDEL


Pergamiño Vindel

Exposición do Pergamiño Vindel, o manuscrito que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax, que se poderá visitar no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, até o 4 de marzo de 2018.
O pergameo pertence actualmente á Morgan Library de Nova York, que llo cedeu á Universidade de Vigo para esta exposición, pero moitos foron os avatares que pasou o manuscrito, datado entre os séculos XIII ou XIV.
Trátase do manuscrito que contén o cancioneiriño do gran poeta do século XIII Martín Codax: as súas deliciosas sete cantigas de amigo, as sete cancións postas na boca dunha mociña namorada («amiga») que agarda, coitada, a chegada do seu namorado («amigo»). É como unha noveliña de amor en sete secuencias, que debería ser filmada. O topónimo Vigo, aparece mencionado, nos 98 versos do cancioneiriño, 21 veces, o que ten feito pensar aos estudosos que o autor deste prodixioso relato poético, Martín Codax, ou era de Vigo ou tivera relación estreita con Vigo, daquela unha viliña.
En 1914, un libreiro madrileño non leigo en bibliografía medieval, Pedro Vindel (1895-1921), bateu cun códice do século XIV que contiña un texto de Cicerón de non especial interese (De officiis), texto encadernado cun pergamiño de vitela (de xuvenca) no que figuraban unha presa de versos coa súa notación musical
Máis información

martes, 10 de outubro de 2017

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017


O poeta Antonío García Teijeiro vén de ser galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo libro Poemar o mar


Antonio Manuel García Teijeiro (Vigo, 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. É crítico e especialista na literatura infantil e xuvenil. Imparte clases de creación literaria, talleres de poesía , conferencias e participou en diversas xornadas didácticas e literarias promovidas por diferentes institucións. Ten unha contribución variada á literatura infantil .
"Poemar o Mar" é un libro de poemas que forma parte dunha triloxía composta tamén por  «En la cuna del mar» y «Palabras do mar» Estas tres obras teñen o mar como principal protagonista. Xan López Domínguez ilustra a obra pola que García Teijeiro foi galardoado con este premio.
Publicou, entre outros, os seguintes títulos de narrativa infantil e xuvenil: "En voz baixa" (1998), "O peixe da cor" (2002), "Honorato, o rato namorado" (2011) e "Recendos de aire sonoro" (2011).

Xurado


Día da Ciencia en Galicia


1845 en Lema (Burgos)1917 (Vigo)
O mellor coñecedor da flora galega e innovador meteorólogo Baltasar Merino, protagonista do Día da Ciencia en Galicia

O botánico e meteorólogo Baltasar Merino Román será o homenaxeado este ano con motivo do Día da Ciencia en Galicia, a celebración promovida pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) para reivindicar a importancia da investigación a través das súas figuras máis destacadas. O homenaxe, que coincide co primeiro centenario do falecemento do investigador, foi aprobado unanimemente polos académicos polo papel de Merino como o autor da primeira caracterización exhaustiva da flora galega, á que se suman os primeiros traballos de climatoloxía aplicada realizados en Galicia.