venres, 29 de novembro de 2013

Relato Samaín

Contos gañadores da 2ªedición do concurso de relatos do Samaín 2013

1º Premio concurso Samaín

Desaparecida: Claudia  Édgar Rosende  4ºESO

Noite de Samaín, esa noite na que os contos de medo cobran vida, esa noite na que os rapaces cavilan cousas terroríficas debaixo das sabas ata quedaren durmidos, esa noite na que cobran vida personaxes como as meigas, o Lobishome, os demos ou o mesmo Tardo, digo mesmo porque de tardos vai esta historia, a cal vos pode parecer unha parvada ou amedrentarvos tanto que a vosa alma se estremeza con só pensar nela.
Sen máis dilación imos co relato:
Todo comeza no municipio de Paramedí, unha aldea moi fermosa na que as visitas turísticas son moi frecuentes. A vila, aínda hoxe conserva os seus costumes e entre eles atópase a noite de Samaín, por estas terras esta noite é moito máis temida ca no resto de Galicia, cando o día  se achega dise que polas noites, cando todo está en silencio, escóitanse os murmurios das almas en pena que vagan polas rúas. Tal é o medo que teñen as persoas de Paramedí que nesa noite non saen á rúa.

En Llamas

Este libro é a segunda parte da trioloxía de "Los Juegos del Hombre". Peeta e Katniss acababan de gañar os 74º Juegos del Hambre e coma sempre, tiñan que facer un "Tour da Victoria" por todos os Distritos. Katniss e Peeta vivían na aldea coa súa familia. Un día Katniss chegou do monte e encontrouse co Presidente Snow, o que lle informou de que se iniciaran levantamentos nos outros Distritos, e eso non era fácil. O presidente díxolle que tiña que convencer aos outros Distritos de que amaba verdadeiramente a Peeta. Katniss e Peeta comezaron o "Tour da Victoria" por todos os Distritos ata chegar ao Capitolio. Ao chegar ó Capitolio teñen unha entrevista e Peeta pidelle matrimonio a Katniss, a cal acepta. Os do Capitolio revélanse ao Distrito 12 (Katniss e Peeta), e Katniss sálvase, volve á casa e ve a súa familia. Ó día seguinte Katniss recibe unha visita de Gale e dalle a noticia de que Peeta foi capturado e está morto.
Nerea Castro Castro, 3º ESO

Contos do Samaín

Estes son os contos dos vosos compañeiros, podedes deixar un comentario sobre o voso relato favorito.

CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de Novembro celebramos o día mundial contra a Violencia de Xénero, e tivemos o pracer de ver os resultados do proxecto igualaR, un proxecto contra a Violencia de Xénero, no noso colexio. Lemos en voz alta uns parágrafos referintes ó tema e colocamos nuns paneis  palabras de concienciación.
Coas escenas feitas nas charlas anteriores, fixemos este vídeo no que participamos todos os alumnos da E.S.O do C.P.I Pecalama. 



xoves, 7 de novembro de 2013

Samaín 2013

Os nenos e nenas de primaria celebraron a pasada semana o Samaín 2013, coma cada ano, cada un levou a súa cabaza decorada como máis lle gustaba, aquí vos deixamos unhas fotos do seu traballo.

venres, 1 de novembro de 2013

Premio nacional de Cómic

Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic 2013

O debuxante galego Miguelanxo Prado foi galardoado co Premio Nacional del Cómic 2013 pola súa obra «Ardalén», publicada pola Norma Editorial en 2012.

O xurado  destacou o carácter poético da súa obra, a mestura de realidade e soño, a memoria e o esquecemento, e a súa mestría técnica no uso da cor.
O premio, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros e o distingue a mellor obra desta especialidade publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano 2012.
Miguelanxo Prado (A Coruña, 1956) iniciou a  súa traxectoria colaborando en revistas como «Creepy», «Comix Internacional» e «Zona84». En 1985, publicou «Fragmentos da Enciclopedia Délfica»,o seu primeiro álbum en solitario, ao que seguiría «Stratos», en 1987. Realizou a serie «Quotidiania Delirante» para a revista satírica «El Jueves».

En 1990 publicou o seu álbum máis recoñecido, «Trazo de tiza», co que obtivo repercusión internacional. Outros álbumes seu son: «Stratos» ou «Tangencias».
Prado traballou para a Televisión Galega creando o popular Xabarín e todos os personaxes da serie «Os vixilantes do Camiño». En 1998 deseñou os personaxes da serie de animación «Men in Black» para Dreamworks. En 2003  colaborou co  coñecido guionista de «The Sandman», Neil Gaiman, no libro colectivo «Noches eternas».
O autor galego leva recibidos numerosos premios, tanto nacionais como internacionais, que o recoñecen como un dos grandes a nivel europeo. Dirixe o salón do cómic Viñetas desde o Atlántico desde 1998.
 O 28 de novembro de 2009, Miguelanxo Prado ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes.