xoves, 25 de setembro de 2014




Agora, da man de Pinto e Chinto, volvemos una atopar uns personaxes universais no álbum O estrambótico Principino, Publicado por Bululú. É O Rei, o que un día foi Principiño, quen nos conta O que REALMENTE sucedeu.









A volta do xove Príncipe
Roemmers, Alejandro Guillermo

Este libro lémbranos as cousas que son realmente importantes na vida.

O amor, a familia..., e, en definitiva, todos os valores que fan a nosa existencia máis humana. Un libro para todas as idades, sinxelo e poético.






Dragal III


A fraternidade do dragón

Elena Gallego Abad (Autor/a)

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
Os membros da Fraternidade de Dragal xa iniciaron o seu regreso co fin de cumprir co xuramento de sangue que fixeron os seus devanceiros na época medieval. Para que a profecía se cumpra, os sete cabaleiros teñen que reunir as claves da Ciencia Secreta na cripta do dragón e pechar o círculo da vida. Á media noite da primeira lúa chea do equinoccio de primavera, a luz da lúa penetrará na cripta do dragón para coller a súa barca funeraria e descender ao reino dos mortos, brindando unha promesa de resurrección co abrente. Será daquela, no momento en que a luz da lúa chea se bañe no interior do ovo alquímico, cando se perpetuará a estirpe do dragón. Visita interiora Terrae rectificando invenies occultum lapidem…

Recinto Gris

Ledicia Costas (Autor/a)

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.

Ámote Leo A. Terminal de... chegadas?

Rosa Aneiros (Autor/a)

INFANTIL E XUVENIL>MILMANDA
Premio Irmandade do Libro ao Mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014
«Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza. O roubo e as cascudas de Barcelona. A saia de tule de Praga. O piso do Trastévere. O Gran Canal de Venecia. O incendio da Alhambra nos ollos. O cheiro das xardas asadas de Eminonu. A mirada triste de Zerdali na Capadocia. As cobras da praza Djema-El-Fna. E, inseparable a todas as lembranzas, esa misteriosa mensaxe que aparece nos recantos máis insospeitados dos lugares que visita: Ámote Leo A. Pero esta madrugada do 11 de maio a Leo tanto lle teñen as pintadas, a morriña do vivido ou os soños aínda por cumprir. Só devece por regresar á casa. En cambio, unha sucesión de acontecementos inesperados fará que a súa vontade dea varias voltas sobre si mesma ata deixala ao bordo do precipicio. Deberá decidir entón se se atreve a dar o gran salto cara ao descoñecido. Claro que isto poñería a súa viaxe patas arriba e podería conducila ao máis alto dos seus desexos ou ao máis escuro dos abismos… Que fará Leo nesta encrucillada? Cumprirá o seu propósito de chegar á casa o 8 de xullo, tal e como prometera? Recuará sobre os seus pasos, ou asomarase ao precipicio dun novo e inesperado destino? Terminal de… chegadas é a terceira e última entrega da triloxía Ámote Leo A. Logo de Destino xalundes e Estación de tránsito, a moza solta os derradeiros lastres que lle quedaban e camiña sen cargas por un mundo no que se borraron todas as fronteiras. Seis meses, seis mil euros, e nada parece ter agora importancia. Tan só resta por saber unha cousa: regresará Leo algún día?
º-. Xurxo Souto, Contos do mar de Irlanda, Xerais.
2º-. Agustín Fernández Paz, A viaxe de Gagarin, Xerais.
3º-. Pemón Bouzas, A voz do vento, Xerais.
4º-. Virginia Woolf,  Orlando. Unha biografía, Irmás Cartoné.
5º-. Alfredo Conde, Chovida do ceo, Xerais.
6º-. Miguel Anxo Murado, Escrito en cafeterías, Galaxia.
7º-. Suso Lista, Salseiros, Embora.
8º-. Ramón Vilar, Os televisores estrábicos, Xerais.
9º-. Lidia Gómez, Os pantalóns nunca foron cousa boa, Biblos.
10º- Manuel Gago e Manel Cráneo, Vento e chuvia. Mitoloxia da antiga GallaeciaXerais.

A viaxe de Gagarin

Agustín Fernández Paz (Autor/a)

2ª Edición

Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A raíz diso, os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia. Mentres se apaga a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as outras. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá desvelando a medida que se abre á complexidade da vida. Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a represión das liberdades máis básicas, coa ameaza permanente da Brigada Político Social, a policía secreta do Réxime. E tamén coa oposición clandestina, barreira imprescindible contra a barbarie. Naquel tempo de mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón namorarse. O arrebato da paixón e a dor da ausencia, nunha relación marcada polas diferenzas de clase. Emocionante historia de amor, engaiolante novela de formación e da memoria, A viaxe de Gagarin confirma a Agustín Fernández Paz como mestre da narrativa do noso tempo.


As meigas de Lupa

María Solar (Autor/a)
Colección: INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
3ª Edición
Contido

María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina. A segunda edición deste libro inclúe un CD coa banda sonora orixinal composta por David Alonso Garzón que foi finalista nos premios Jerry Goldsmith na categoría de libre creación