martes, 24 de marzo de 2015

O CÓMIC DE TOMÁS


Komic Librería: A deserción de Stalin

Tomás Guerrero, ilustrador e animador, presenta nestes días A deserción de Stalin, o seu divertido debut no mundo da novela gráfica, estrea coa que a editora coruñesa estende o seu catálogo de autores e xéneros, xa que estamos ante unha historia de espías nos comezos da Guerra Fría, un relato de segredos e intrigas a través da lente do humor e a retranca.

Komic Librería: A deserción de Stalin
http://komic.es/gl/lecturas/502-a-desercion-de-stalin-tomas-guerrero-demo-editorial.html

xoves, 12 de marzo de 2015

Os oleiros de Buño visitan o C.P.I Pecalama


O martes 10 de febreiro estiveron no noso colexio uns oleiros de Buño. Todos os alumnos do centro tivemos a oportunidade de ver e probar como se traballa o barro no torno, dándolle diferentes formas ata obter cuncas, petos, xerras, ...
  Foi sorprendente ver o que empregaban para rematar as figuras: fío, plumas de galiña, cristal, anacos de canaveira e pintura tamén feita de barro. Ademais cada alumno e alumna fixemos as nosas propias figuras con moldes de xeso.
Foi unha estupenda experiencia da que todos disfrutamos e aprendemos.
Dende aquí queremos dar as grazas aos dous oleiros que viñeron e que amablemente nos amosaron a súa arte no traballo do barro.

Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria



martes, 3 de marzo de 2015

Xéneros e Figuras literarias

Xéneros e Figuras literarias

O conxunto de obras que comparten con outras unhas características formais e temáticas forman un xénero literario. Os tres grandes xéneros son a poesía ou lírica, a narrativa e o teatro.

A poesía: é un xénero escrito normalmente en verso e que ten ritmo. A poesía pode expresar a visión persoal do mundo do poeta, aínda que na poesía popular adóitanse amosar os valores dunha comunidade. Na poesía existe unha grande variedade de formas como:
  • A cantiga: composición que estaba destinada ó canto
  • O epigrama: composición breve de carácter festivo.
  • O himno: composición cunha finalidade patriótica ou de celebración.
  • A elexía: composición na que se chora a morte de alguén ou outra desgraza colectiva.
  • A égloga: composición protagonizada por uns pastores idealizados.
  • A oda: Era unha composición de exaltación que adoitaba usar unha linguaxe elevada.
A narrativa: son o conxunto de obras onde o autor narra uns feitos reais ou inventados e faino en prosa. A narrativa de ficción divídese en novela e conto.
  • O conto: será unha narración breve que conta un acontecemento que normalmente sucede a uns personaxes moi determinados nun tempo e nun espazo moi concretos.
  • A novela: é unha narración máis longa onde se narran distintos feitos que suceden a varios personaxes que son tratados con máis detemento. Estas historias poden acontecer en distintos lugares e poden ocupar máis tempo. Entre as novelas máis importantes da nosa literatura están as de Otero Pedrayo

    http://www.arrakis.es/~trasalba/default.htm

   

O teatro

Son o conxunto de obras pensadas para seren representadas diante do espectador. Os personaxes falan, e mediante os seu diálogos nós coñecemos a historia. Os diálogos do teatro poden estar escritos en verso ou prosa. Houbo momento nos que predominou o verso pero hoxe faino a prosa. As formais teatrais principais son:
  • A traxedia: Os personaxes son importantes e sufrirán un final terrible. Chegan a este remate por culpa duns sentimentos incontrolables.
  • A comedia: Os personaxes son normais e rematarán cun final feliz. Representan conflictos normais, vistos ás veces como complicacións que xorden por mor de equívocos.
  • O drama: Os personaxes son xentes normais que sofren un problema serio. O final non está predeterminado.
Probablemente a obra de teatro máis coñecida da nosa literatura sexa Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.

As figuras literarias e os recursos estilísticos