venres, 20 de decembro de 2013

Concurso de fotografía


Obxectivo
Coñecer o mundo da ciencia, facer evidente a relación da ciencia coa vida cotiá, mostrar os lugares do coñecemento no seu contexto espacial.Trátase de conseguir aumentar o interese polo entorno que nos rodea facendo partícipes a todos.
TEMÁTICA
As fotografías presentadas a concurso  terán como temática: Os espazos da natureza forestal e silvestre.
BASES
·         O concurso está aberto a todo o persoal do CPI Pecalama.
·         Nas fotografías presentadas deberase indicar claramente os seguintes datos: título da obra, lugar onde de realizou, nome e apelidos do autor , curso.
·         As fotografías serán orixinais e inéditas, estarán suxeitas ás condicións de participación, licencias de uso e contidos.
·         Cada participante pode enviar ata 3 fotografías.Tamaño A4 (2700×1800)

·         Débense enviar ao correo electrónico pecalamabiblio@gmail.com
DATA DE ENTREGA
·         Recollerase material fotográfico ata o 30 de abril de 2014.
PREMIOS
·         O xurado seleccionará 4 fotografías segundo os criterios de calidade técnico-artística e que se axusten á temática desta edición. Cada fotografía seleccionada recibirá un premio.
·         As fotografías e os resultados poderán verse no Blog da Biblioteca (bibliopecalamas.blogspot.com)


mércores, 11 de decembro de 2013

Violencia de xénero

Fai uns días visitou o noso colexio un enviado do proxecto IgualaR. Nas dúas sesións da charla que nos dou  falounos da violencia de xénero e as súas estatísticas en España nos últimos anos. Nestas dúas sesións fixemos o vídeo que deixamos anteriormente e vimos proxectos xa realizados por outros colexios. Aprendemos que nunha relación sa de parella débese ter respecto mutuo e que unha relación non se debe basear no medo.
E aquí un enlace das estatísticas da violencia de xénero en adolescentes nos últimos anos:
 http://sociedad.elpais.com/sociedad/2010/07/07/actualidad/1278453608_850215.html

Ademais fixemos uns exercicios para aprender a confiar nas persoas que temos ao redor.
Aquí unhas fotos destes dous días:






 O primeitro día da charla na presentación.






Algunhas das probas que fixemos para o vídeo.






        












Nerea Castro Castro, Sheila Mª Parafita Rey, 3º ESO

venres, 29 de novembro de 2013

Relato Samaín

Contos gañadores da 2ªedición do concurso de relatos do Samaín 2013

1º Premio concurso Samaín

Desaparecida: Claudia  Édgar Rosende  4ºESO

Noite de Samaín, esa noite na que os contos de medo cobran vida, esa noite na que os rapaces cavilan cousas terroríficas debaixo das sabas ata quedaren durmidos, esa noite na que cobran vida personaxes como as meigas, o Lobishome, os demos ou o mesmo Tardo, digo mesmo porque de tardos vai esta historia, a cal vos pode parecer unha parvada ou amedrentarvos tanto que a vosa alma se estremeza con só pensar nela.
Sen máis dilación imos co relato:
Todo comeza no municipio de Paramedí, unha aldea moi fermosa na que as visitas turísticas son moi frecuentes. A vila, aínda hoxe conserva os seus costumes e entre eles atópase a noite de Samaín, por estas terras esta noite é moito máis temida ca no resto de Galicia, cando o día  se achega dise que polas noites, cando todo está en silencio, escóitanse os murmurios das almas en pena que vagan polas rúas. Tal é o medo que teñen as persoas de Paramedí que nesa noite non saen á rúa.

En Llamas

Este libro é a segunda parte da trioloxía de "Los Juegos del Hombre". Peeta e Katniss acababan de gañar os 74º Juegos del Hambre e coma sempre, tiñan que facer un "Tour da Victoria" por todos os Distritos. Katniss e Peeta vivían na aldea coa súa familia. Un día Katniss chegou do monte e encontrouse co Presidente Snow, o que lle informou de que se iniciaran levantamentos nos outros Distritos, e eso non era fácil. O presidente díxolle que tiña que convencer aos outros Distritos de que amaba verdadeiramente a Peeta. Katniss e Peeta comezaron o "Tour da Victoria" por todos os Distritos ata chegar ao Capitolio. Ao chegar ó Capitolio teñen unha entrevista e Peeta pidelle matrimonio a Katniss, a cal acepta. Os do Capitolio revélanse ao Distrito 12 (Katniss e Peeta), e Katniss sálvase, volve á casa e ve a súa familia. Ó día seguinte Katniss recibe unha visita de Gale e dalle a noticia de que Peeta foi capturado e está morto.
Nerea Castro Castro, 3º ESO

Contos do Samaín

Estes son os contos dos vosos compañeiros, podedes deixar un comentario sobre o voso relato favorito.

CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de Novembro celebramos o día mundial contra a Violencia de Xénero, e tivemos o pracer de ver os resultados do proxecto igualaR, un proxecto contra a Violencia de Xénero, no noso colexio. Lemos en voz alta uns parágrafos referintes ó tema e colocamos nuns paneis  palabras de concienciación.
Coas escenas feitas nas charlas anteriores, fixemos este vídeo no que participamos todos os alumnos da E.S.O do C.P.I Pecalama. 



xoves, 7 de novembro de 2013

Samaín 2013

Os nenos e nenas de primaria celebraron a pasada semana o Samaín 2013, coma cada ano, cada un levou a súa cabaza decorada como máis lle gustaba, aquí vos deixamos unhas fotos do seu traballo.

venres, 1 de novembro de 2013

Premio nacional de Cómic

Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic 2013

O debuxante galego Miguelanxo Prado foi galardoado co Premio Nacional del Cómic 2013 pola súa obra «Ardalén», publicada pola Norma Editorial en 2012.

O xurado  destacou o carácter poético da súa obra, a mestura de realidade e soño, a memoria e o esquecemento, e a súa mestría técnica no uso da cor.
O premio, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros e o distingue a mellor obra desta especialidade publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano 2012.
Miguelanxo Prado (A Coruña, 1956) iniciou a  súa traxectoria colaborando en revistas como «Creepy», «Comix Internacional» e «Zona84». En 1985, publicou «Fragmentos da Enciclopedia Délfica»,o seu primeiro álbum en solitario, ao que seguiría «Stratos», en 1987. Realizou a serie «Quotidiania Delirante» para a revista satírica «El Jueves».

En 1990 publicou o seu álbum máis recoñecido, «Trazo de tiza», co que obtivo repercusión internacional. Outros álbumes seu son: «Stratos» ou «Tangencias».
Prado traballou para a Televisión Galega creando o popular Xabarín e todos os personaxes da serie «Os vixilantes do Camiño». En 1998 deseñou os personaxes da serie de animación «Men in Black» para Dreamworks. En 2003  colaborou co  coñecido guionista de «The Sandman», Neil Gaiman, no libro colectivo «Noches eternas».
O autor galego leva recibidos numerosos premios, tanto nacionais como internacionais, que o recoñecen como un dos grandes a nivel europeo. Dirixe o salón do cómic Viñetas desde o Atlántico desde 1998.
 O 28 de novembro de 2009, Miguelanxo Prado ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes.

 

luns, 28 de outubro de 2013

Reseñas dos lectores

Queremos premiar aos lectores máis asiduos da biblioteca. Neste espazo vanse publicar os resumes e comentarios dos libros elixidos. A final de curso o equipo da biblioteca Pecalama fará unha valoración dos  resumes e premiarase ao gañador cun libro electrónico. Todos podedes participar, só tedes que falar coa Bibliotecaria .

Literatura galega

Ligazón interesante para literatura de 4ºESO. Presentación en diapositivas sobre a Xeración Nós e as Irmandades da Fala.
http://www.slideshare.net/xenevra/a-xeracin-ns

Os cambios da LOMCE

Para saber máis sobre a nova lei de educación
http://es.wikipedia.org/wiki/Ley_Orgánica_para_la_Mejora_de_la_Calidad_Educativa

mércores, 23 de outubro de 2013

CONFERENCIA DO DEBUXANTE XOSÉ TOMÁS


Hoxe, 23 de outubro, visitou o noso colexio o coñecido debuxante de Cómics Xosé Tomás. Falounos dos distintos tipos de Cómics e a súa historia, como se chamaban dependendo do lugar no que estivesemos e aprendeunos distintos trucos para debuxar Cómics.
Tamén nos fixo algunhas demostracións para debuxar viñetas e finalmente ensinounos todo o proceso do deseño e a elaboración dun dos seus últimos Cómics.
Pareceunos moi ameno todo o que nos contou e tamén nos pareceu impantante o modo no que debuxaba, foi moi divertido.












            



 A biblioteca do colexio está incluída na Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, neste enlace podedes acceder ao catálogo de libros da túa biblioteca, na pestana Busca avanzada podes buscar o libro que che interese.

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/

Concurso de relatos


Xa sabedes que está en marcha a segunda edición do concurso de relatos do Samaín. Podedes participar todos os alumnos en dúas categorías. Os premios son variados, incluso podedes elexir.
Animádevos e ide entregando os vosos relatos na biblioteca. O tempo acábase!
Aquí tedes as normas:
Bases
-Poderán participar todos os alumnos de eso en
dúas categorías:
Ø 1º ciclo- 1º e 2º de eso
Ø 2º ciclo- 3º e 4º
-TEMA: o medo, baseándose en lendas , contos e supersticións  galegas.
-Os relatos deben ser orixinais, escritos en galego.
- Presentaranse escritos a máquina cunha extensión máxima dunha cara.
-Debe levar unha portada onde figure:
unha imaxe referente ao tema do relato, o nome do alumno/a e o curso.
-Prazo de presentación: ata o 9 de novembro.
-Lugar de presentación: na Biblioteca.
PREMIOS :material deportivo ou escolar, un lapis de memoria  

     Animádevos a participar!