luns, 30 de novembro de 2015


ADEUS AO MESTRE XOSÉ NEIRA VILAS


ADEUS AO MESTRE "XOSÉ NEIRA VILAS"

Atoparedes máis información sobre Xosé Neira Vilas na páxina web da súa fundación:
http://www.fundacionxoseneiravilas.com/portada.php

NA BIBLIOTECA PODEDES ATOPAR ESTAS OBRAS DE XOSÉ NEIRA VILAS... A MELLOR HOMENAXE É "LELO"

venres, 20 de novembro de 2015

CONCERTO DIDÁCTICO EN PECALAMA

 

                        CONCERTO DIDÁCTICO






O día 6 de novembro tivemos no centro o concerto didáctico "Entroido dos animais" para nenos e nenas de Infantil e Primaria. O grupo de Ludmila Orlova interpretou música popular de Bach, Vivaldi, Mozart, ...


mércores, 18 de novembro de 2015

Morfoloxía: Palabras derivadas
As palabras derivadas están formadas por un lexema e un ou varios morfemas derivativos (prefixos, interfixos , sufixos).

martes, 17 de novembro de 2015



Un novo premio para Ledicia Costas, o Lazarillo 2015

A literatura infantil e xuvenil en galego está de noraboa xa que Ledicia Costas foi galardoada esta pasada fin de semana co Premio Lazarillo 2015 pola súa novela xuvenil Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante. O premio foi  convocado pola Organizacion Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) e conta co patrocinio do Ministerio de Educacion, Cultura e Deporte.

O xurado destacou da obra obra gañadora  que se trata dunha «novela ben escrita, cunha narración fluída, unha estrutura moi ben axeitada e unha linguaxe sinxela pero elaborada, que combina con precisión elementos da realidade e ficción e imprimíndolle un aire de misterio que contribúe a facer moi emocionante a súa lectura».
A novela publicarase en Xerais no 2016.

Os noso parabéns a Ledicia Costas por este novo recoñecemento. 


martes, 3 de novembro de 2015


En galego tamén se fai ciencia

CIENCIA TAMÉN EN GALEGO 


Xavier Alcalá- Profesor do Departamento de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña e director da Oficina de Programas Internacionais de I+D+i da Xunta de


Beatriz de Carlos- Profesora de Física e investigadora na Universidade de Southampton  
Ángel Carracedo- Profesor e director do Instituto de Medicina Legal. Grupo
Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela
   

Marcos Mariño Profesor do Departamento de Física Teórica e Sección
de Matemáticas da Universidade de Xenebra

vídeos

Curtas e películas interesantes

CURTAS PARA O MES DO MEDO