mércores, 26 de febreiro de 2014

EXCURSIÓN A SOTAVENTO


EXCURSIÓN A SOTAVENTO



   O día 19 de Febreiro de 2014, os alumnos e alumnas do C.P.I Pecalama , fomos de excursión a Sotavento, un parque eólico experimental situado en Xermade, Lugo.
Alí mostráronnos unha vivenda bioclimática adaptada aos factores climatolóxicos. Dado o aproveitamento destes,  a vivenda recibe enerxía de forma máis económica e menos contaminante.

Tamén nos ensinaron o funcionamento e a estrutura dos eólicos. 

Os eólicos dependendo da paisaxe, son de distinta cor (brancos, grises...) para camuflarse e non estar moito á vista. 
A enerxía eólica é unha enerxía renovable e ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes. É unha enerxía cara, depende moito da natureza. Contamina pouco; contamina acusticamente, seca o terreo, algunhas aves impactan contra os eólicos e morren..

Los Juegos del Hambre

Katniss preséntase voluntaria para participar nos "Juegos del Hambre" ocupando o lugar da súa irmá menor. No Capitolio, a nosa protagonista, participa en entrevistas, probas, entrenamentos e presentacións. 
Xa dentro dos xogos, Katniss loita por salvar a vida, aliándose primeiro coa inocente Rue, e, tras a morte desta, co seu compañeiro de Distrito, Peeta. Xuntos chegan á final dos Xogo, coa esperanza de poder gañar ambos, pero novas do Capitolio acaban con esa ilusión. Intentan enganar ós membros do Capitolio simulando un suicidio. Finalmente, dende o Capitolio dinlles que non o fagan, que ambos venceron.
Nas entrevistas finais, antes de volver ao Distrito 12, Katniss di que foi a desesperación o que a fixo actuar deste xeito e no Capitolio non toman represalias.
Peeta e Katniss volven a casa, para enfrontarse aínda as cámaras na súa volta e a unha xira por todos os Distritos, tendo que "finxir" un amorío que idearan co fin de conseguir patrocinadores para os Xogos.

Sheila Mª Parafita Rey, 3º ESO

mércores, 12 de febreiro de 2014

A PAZ


O día 30 de xaneiro celebrouse o día da Paz. Os nenos e nenas do C.P.I Pecalama conmemorárono poñendo un mural no corredor e pintando as súas mans en sinal de solidaridade. Despois fixeron actividades por clases ao longo do día.