Amosando publicacións coa etiqueta Literatura galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura galega. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de abril de 2019

CURTAMETRAXES

 ÁNXEL FOLE- Os defuntos falaban castelao -Á lus do candil


Os lobos 

 

ÁLVARO CUNQUEIRO   -Tristán García (Os outros feirantes)


O verdugo- Álvaro Cunqueiro

venres, 24 de novembro de 2017

A REVOLTA IRMANDIÑA

Excelente traballo elaborado por Sheila Díaz Silveira (3ºESO) sobre un episódio moi importante na historia de Galicia.
Ao final hai un vídeo que explica claramente a Revolta Irmandiña.




mércores, 17 de maio de 2017

luns, 8 de maio de 2017

martes, 28 de marzo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

ACTIVIDADES SOBRE CARLOS CASARES

magníficas actividades para as Letras Galegas 2017 creadas poloCIP Mestre Valverde Mayo (Pontevedra)

domingo, 19 de marzo de 2017

NARRATIVA DE POSGUERRA. ÁNXEL FOLE


Unha curtametraxe baseada nun relato de Á lus do candil Os defuntos falaban castelao



xoves, 13 de outubro de 2016

Literatura galega do século XX



                                 Membros do SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS

 O programa do Seminario fíxase os seguintes obxectivos:
"o estudo de todas as manifestacións da cultura galega, tendendo á formación dos investigadores e á divulgación do resultado dos traballos".
 Alexandre Bóveda foi nomeado socio aitivo o 20 de outono do 1928, Sant-Iago, 28 de outono de 1931.
 O SEG estaba estruturado en doce seccións e utilizaba como método de traballo os equipos interdisciplinarios e aínda que non todos os traballos feitos estiveran en galego, é certo que foi o SEG quen por primeira vez utilizou a lingua galega de xeito significativo para facer traballo científico. As doce seccións e os presidentes das mesmas son as seguintes:
 Sección de Filoloxía, coordinador Armando Cotarelo Valledor
 Sección de Arte e Letras, coordinador Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
 Sección de Etnografía, coordinador Vicente Risco
Sección de Historia, coordinador Cabeza de León, presidente do Seminario de 1925 a 1934
Sección de Prehistoria, coordinador Florentino López Cuevillas
Sección de Xeografía, coordinador Otero Pedrayo
Sección de Historia da Arte, coordinador Xesús Carro
Sección de Historia da Literatura, coordinador Xosé Filgueira Valverde
Sección de Pedagoxía, coordinador Manuel Díaz Rozas
Sección de Ciencias Aplicadas, coordinador Manuel Gómez Román
Sección de Ciencias Naturais, coordinador Luis Iglesias
Sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas; coordinador Lois Tobío Fernández

luns, 19 de setembro de 2016

Carlos Casares  Letras Galegas de 2017

A Academia destada a súa «calidade, a vocación abertamente comunicativa e o carácter variado da súa obra», así como «un compromiso inequívoco coa lingua galega»

O escritor Carlos Casares (Ourense, 1941-Nigrán, 2002) será o homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2017, segundo a decisión tomada onte en sesión plenaria pola Real Academia Galega (RAG). Casares impúxose coa maioría dos votos por diante doscandidatos Plácido Castro, Antonio Fernández Morales e Ricardo Carballo Calero. A súa candidatura fora impulsada polos académicos Luz Pozo Garza, Manuel Rivas, Fina Casalderrey, Francisco Díaz-Fierros, Salvador García-Bodaño, Ramón Villares e Víctor Freixanes.
O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, describiu a Carlos Casares coma «un grande da literatura hispánica do século XX» e subliñou que «no caso dunha literatura e unha lingua tan problemática coma a nosa, contar cun escritor, este ano, como Manuel María, e o que vén, como Casares, que son capaces de chegar mesmo a 'mares nunca dantes navegados' -como dicía Luís de Camões-, era moi importante».
Carlos Casares foi unha das figuras máis renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX.

luns, 14 de decembro de 2015

mércores, 18 de novembro de 2015

Morfoloxía: Palabras derivadas
As palabras derivadas están formadas por un lexema e un ou varios morfemas derivativos (prefixos, interfixos , sufixos).

martes, 17 de novembro de 2015



Un novo premio para Ledicia Costas, o Lazarillo 2015

A literatura infantil e xuvenil en galego está de noraboa xa que Ledicia Costas foi galardoada esta pasada fin de semana co Premio Lazarillo 2015 pola súa novela xuvenil Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante. O premio foi  convocado pola Organizacion Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) e conta co patrocinio do Ministerio de Educacion, Cultura e Deporte.

O xurado destacou da obra obra gañadora  que se trata dunha «novela ben escrita, cunha narración fluída, unha estrutura moi ben axeitada e unha linguaxe sinxela pero elaborada, que combina con precisión elementos da realidade e ficción e imprimíndolle un aire de misterio que contribúe a facer moi emocionante a súa lectura».
A novela publicarase en Xerais no 2016.

Os noso parabéns a Ledicia Costas por este novo recoñecemento. 


martes, 13 de outubro de 2015

O Día das Letras Galegas de 2016 estará dedicado a Manuel María

O poeta Manuel María, autor dunha extensa obra e expoñente do activismo político, representa a conciencia e o compromiso inquebrantable coa lingua galega.
Resultado de imaxes para manuel mariaManuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador e dramaturgo recoñecido, de extensa obra e inquebrantable compromiso coa lingua galega.
No ano 1943, Manuel María trasladouse a vivir a Lugo, onde cursou o ensino secundario entre o Instituto Masculino e o colexio dos Maristas. Nesa altura entrou en contacto con personalidades como Uxío Novoneyra, Luís Pimentel, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero e Aquilino Iglesia Alvariño. Chegado o ano 1949, os seus versos viron por primeira vez a luz na revista de poesíaXistral, fundada por Pimentel. O seu primeiro libro tampouco tardou en chegar: Muiñeiro de brétemas publicouse en 1950, cando o autor contaba só 19 anos, o que o converteu no poeta máis novo que publicaba en galego na posguerra. Este primeiro poemario inaugurou a denominada "Escola da Tebra".
No ano 1951 matricúlase en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Nesta época concibe o libro de poemas Morrendo a cada intre, publicado en 1952, ano no que crea a Editorial Xistral en Lugo. Arredor de 1954 comeza a colaborar na revista Alba. É na casa do director da publicación, Ramón González Alegre, onde coñece a Bernardino Graña e Xosé Luís Méndez Ferrín, ambos profesores do colexio Fingoi. Con este último mantería unha forte relación de amizade.
No ano 1953 volve a Lugo e un ano despois gaña os Xogos Florais de Ourense e coñece algúns dos máis importantes intelectuais ourensáns: Cuevillas, Antón Tovar ou Vicente Risco. En 1957, acadou o título profesional de Procurador, que o levou a comezar o exercicio da súa profesión en Monforte. En maio de 1959 casou con Saleta Goi García, a muller que o acompañou na maior parte dos seus proxectos e a quen o poeta quixo citar ao longo da súa obra. Con Saleta argallaría a colección Val de Lemos, onde viron a luz poemas de Luz Pozo, Carballo Calero, Pura Vázquez ou Cabanillas. No ano 1970, ambos os dous abriron en Monforte a libraría Xistral, auténtico centro de dinamización cultural da vila.
Nos anos sesenta e setenta, Manuel María atende os chamamentos e peticións que lle chegan de todas as organizacións que, ao longo e ancho do país, andan a traballar pola recuperación cultural: desde impartir conferencias ou recitar poemas a presentar a Nova Canción Galega. A súa obra literaria diversifícase e multiplícase de acordo cos novos tempos: ensaio, narrativa, teatro... sen abandonar o cultivo da poesía. Do existencialismo e o seu pesimismo radical evoluciona cara á unha poesía de compromiso social, canalizando unha resposta nacionalista ao franquismo.
No entanto, a carón do traballo intelectual, o poeta manifestou o seu compromiso na militancia política clandestina que culminaría na súa elección como concelleiro no ano 1979.
A partir da década dos oitenta, a súa poesía acada unha expresión máis íntima e humanista e nestes anos escribe e publica talvez o seu máis rico corpus poético. O poeta participa activamente nas actividades de entidades como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega ou a Asociación de Escritores en Lingua Galega e emprende tamén unha serie de viaxes que o levan a diversas partes de Europa. Nesta época son frecuentes as homenaxes, os premios e os recoñecementos.
En 1998 Manuel María e Saleta trasladan a súa residencia á cidade da Coruña, onde pasa os seus últimos anos e onde manterá unha tertulia no Kirs. Manuel María falece o 8 de setembro de 2004.

xoves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO 23 ABRIL

HISTORIA DO LIBRO
CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO E AS LETRAS GALEGAS EN PECALAMA