Amosando publicacións coa etiqueta Novas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Novas b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 21 de maio de 2020
xoves, 9 de novembro de 2017
PREMIO LAZARILLO 2017
Ledicia Costas faise co Premio Lazarillo de Creación Literaria
É a segunda vez que a viguesa gaña o certame máis antigo da LIX en España.
A viguesa Ledicia Costas (1978) ven de obter, por segunda vez na súa carreira literaria, o Premio Lazarillo de Creación Literaria. No fallo o xurado concede este galardón dotado con 3.000 euros de xeito ex-aequo á novela Plumas e unicornios presentada en galego no orixinal pola autora e á obra No te muevas musaraña, de Rafael Salmerón.
Plumas e unicornios, de Ledicia Costas, está ambientada no Londres victoriano con marcada influencia da estética steampunk, e ten como protagonistas a Ágata, unha humana mecánica, e ao seu robot Tic-Tac, que emprenden unha viaxe para salvar a vida ao máxico León, o seu grande amigo, sen saber que os persegue Jack o Destripador. Para o xurado, a obra crea un universo de fantasía orixinal poboada de poderosas personaxes. Unha representación da loita do ben y do mal cunha literatura extremadamente coidada. A obra verá a luz en Edicións Xerais baixo o título A balada dos unicornios segundo confirmou a autora.
Os Premios Lazarillo, os máis antigos na literatura infantil e xuvenil en España, están convocados pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Ledicia Costas xa gañou este mesmo premio en 2015 pola novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (eds. Xerais). Este ano concursaron nesta categoría un total de 68 obras, delas 56 estaban escritas en castelán, 9 en galego e 3 en catalán. A entrega dos premios terá lugar na inauguración do XLI Salón do Libro Infantil y Juvenil de Madrid, o vindeiro 13 de decembro
Os Premios Lazarillo, os máis antigos na literatura infantil e xuvenil en España, están convocados pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Ledicia Costas xa gañou este mesmo premio en 2015 pola novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (eds. Xerais). Este ano concursaron nesta categoría un total de 68 obras, delas 56 estaban escritas en castelán, 9 en galego e 3 en catalán. A entrega dos premios terá lugar na inauguración do XLI Salón do Libro Infantil y Juvenil de Madrid, o vindeiro 13 de decembro
martes, 10 de outubro de 2017
Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017

O poeta Antonío García Teijeiro vén de ser galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo libro Poemar o mar
Antonio Manuel García Teijeiro (Vigo, 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. É crítico e especialista na literatura infantil e xuvenil. Imparte clases de creación literaria, talleres de poesía , conferencias e participou en diversas xornadas didácticas e literarias promovidas por diferentes institucións. Ten unha contribución variada á literatura infantil .
"Poemar o Mar" é un libro de poemas que forma parte dunha triloxía composta tamén por «En la cuna del mar» y «Palabras do mar». Estas tres obras teñen o mar como principal protagonista. Xan López Domínguez ilustra a obra pola que García Teijeiro foi galardoado con este premio.
Publicou, entre outros, os seguintes títulos de narrativa infantil e xuvenil: "En voz baixa" (1998), "O peixe da cor" (2002), "Honorato, o rato namorado" (2011) e "Recendos de aire sonoro" (2011).
Xurado
xoves, 21 de setembro de 2017
LETRAS GALEGAS 2018
María Victoria Moreno
A reivindicación da literatura infantil e xuvenil
Desde o comezo, identificouse con Galicia e coa súa cultura. Tamén participou activamente na vida cultural e política da cidade e do país colaborando en conferencias, cursos e encontros literarios. Ademais de novelas e contos, escribiu obras de ensaio, colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección "Árbore" da editorial Galaxia.
A Real Academia lamenta o pasamento da académica Xohana Torres
A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento da escritora e académica numeraria Xohana Torres. Nada en Santiago de Compostela en 1931, finou esta tarde en Vigo aos 85 anos de idade. A súa é unha das voces máis destacadas das letras galegas contemporáneas que medraron na posguerra, cuxa obra abrangue a poesía, a narrativa, o ensaio e a literatura infantil. A autora contribuíu co seu labor como escritora, mais tamén noutros espazos como o radiofónico, á reconstrución cultural de Galicia e á defensa da súa lingua.
Xohana Torres
martes, 17 de xaneiro de 2017
Ler é necesario para o cerebro
Razóns científicas para ler máis do que lemos
El País IGNACIO MORGADO BERNAL
Bellaterra
A lectura, ademais de mellorar a empatía e a comprensión dos demais, é un dos mellores exercicios posibles para manter en forma o cerebro e as capacidades mentais
O informe La lectura en España 2017, encargado pola Federación de Gremios de Editores (FGEE), alerta de que os españois non conseguimos aumentar o noso nivel de lectura, pois estamos estancados en cifras que indican, segundo o último barómetro do CIS, que cerca dun 40% dos cidadáns non leu ningún libro en 2015. Ante esta situación o Goberno parece ter prepatado un Plan Nacional de Fomento de Lectura incluído no chamado Plan 2020 de acción cultural.Démoslle pois ao Goberno e ao seu Ministerio de Cultura argumentos científicos, particularmente desde a neurociencia, para seguir adiante con ese plan e levalo a cabo con éxito.
venres, 11 de novembro de 2016
Contra os elementos
Deporte feminino
A Deputación da Coruña, Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade. Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais, crea a campaña "contra os elementos"Un documental que pretende visualizar o deporte feminino na provincia da Coruña amosando a realidade das deportistas galegas, reivindicar a proxección deportiva e apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade.
O
título refírese directamente por un lado, á loita contra os elementos
que representa o empoderamento e a superación dos obstáculos que deben
afrontar as mulleres para poder practicar ou adicarse profesionalmente ó
deporte, e por outro, é unha alusión directa ó medio natural (auga,
lume, terra e aire) onde se desenvolven as distintas prácticas
deportivas.
Protagonistas: Verónica Boquete, Marta Brañas, Mónica Castelo, Mari Carmen Garcia, Sofía Toro, Isabel Gundín, Paula Mayobre, Thais Pazos, Alicia Sadia, Ruth Ballesteros, Elena González e María José Mosquera.
Unha produción de Esferobite para a Deputación da Coruña Falamos de deporte para falar de igualdade
Protagonistas: Verónica Boquete, Marta Brañas, Mónica Castelo, Mari Carmen Garcia, Sofía Toro, Isabel Gundín, Paula Mayobre, Thais Pazos, Alicia Sadia, Ruth Ballesteros, Elena González e María José Mosquera.
Unha produción de Esferobite para a Deputación da Coruña Falamos de deporte para falar de igualdade
venres, 28 de outubro de 2016

NORABOA YAIZA!!
A Gala de Entrega de Premios e a lectura da Acta do Xurado tivo lugar o 7 de maio de 2016, a partir das 17 h, na sede da Fundación Barrié en Vigo.
Chámome Alexander Fleming
Yaiza Mata Uzal CPI Pecalama (Tordoia)
Son Alexander Fleming, un científico británico. Estamos no ano 1928. Teño 47 anos. Estou realizando unha observación dunhas bacterias de estafilococo, unhas bacterias que producen unha enfermidade. Hoxe marcho de Londres e volverei dentro dun mes, aproximadamente. Irei a unha exposición de inventos e similares en Francia. Xa cheguei a Francia e agora mesmo estou desfacendo a equipaxe. Tan pronto acabe vou directo cara á exposición. Que marabilla! Cantos inventos! Este lugar é perfecto para min! Aquí estou rodeado da maquinaria que a min me gusta! Cada invento ten unha pequena placa debaixo na que pon o invento que é, quen o inventou, onde e en que ano. Agora estoulle botando unha ollada a un barco de vapor feito por Robert Fulton, en 1907, nos Estados Unidos. A seguinte cousa que vexo é unha locomotora de vapor, feita por George Stephenson no ano 1825, en Inglaterra. Ai! Este tipo de avances no transporte axudan moito na economía dun país, porque permite venderlle a outro país mercancías! Outro invento que hai é unha máquina de escribir mecánica feita por Christopher Latham Sholes, nos Estados Unidos no ano 1867. Hai moitas outras cousas como, por exemplo, un teléfono, un gramófono, unha cociña eléctrica Xa pasou un mes. Creo que vai sendo hora de volver á casa, aínda que se por min fose quedaría máis tempo Xa cheguei a Londres e xa desfixen as maletas. Nos seguintes días dedicareime a descansar. Pasados estes dous días volvo ao traballo. Diríxome ao soto do laboratorio do Hospital St. Mary (pois é alí onde eu traballo). Entro no soto e vexo todo tal e como o deixara: os libros enriba da mesa, o encerado cheo de fórmulas, papeis ciscados por encima da mesa, unha mostra de bacterias de estafilococo xunta á fiestra, a cal estaba aberta Espera! Algo non me cadra! Bótome a correr cara a aquela mostra e vexo que se contaminou. Estou apampado! Vexo que apareceu mofo e arredor dese mofo, a un 64 Ciencia que conta 2015/2016 raio de máis ou menos 3 mm non hai ningunha outra bacteria, pero a continuación deste raio xa aparece máis mofo coa condición do raio. Cheo de curiosidade poño esa mostra debaixo do microscopio e descubro que o raio que rodea o mofo é unha substancia segregada polo fungo Penicillium que matou as bacterias do estafilococo que había dentro dese raio. Ocorréuseme se se podería utilizar ese fungo como antibiótico contra estas bacterias e poder curar os enfermos delas. Pasado un tempo perdín un pouco a confianza de se sería posible usalo como antibiótico. Con todo pedinlles axuda aos meus compañeiros universitarios para que investigasen se se podía levar a cabo. Finalmente se podía ser usado dese xeito, entón probámolo con persoas! Foi un completo éxito! 98 anos despois… Son un médico. Gústame moito o meu traballo, pois por incrible que pareza salvou moitas vidas grazas a unha cousa chamada antibiótico que varios anos atrás creou un señor chamado Alexander Fleming.
«ÁS VECES UN REALIZA UN DESCUBRIMENTO CANDO NON O ESTÁ BUSCANDO» (Alexander Fleming).
martes, 18 de outubro de 2016
Mulleres escritoras
17 de outubro Día das Escritoras
Este 17 de octubre celébrase por primeira vez o Día das Escritoras, iniciativa que parte da Federación de directivas e empresarias, a Biblioteca Nacional e aAsociación
Clásicas e Modernas, para dar notoriedade ao legado feminino na Literatura, que considera infravalorado, a partir de lecturas públicas de textos, editatonas que engadirán a Wikipedia entradas sobre autoras, exposicións e debates en varias cidades españolas.
Que o pasado xoves lle concederan o Nobel de Literatura a Bob Dylan desatou un debate sobre os límites da literatura que eclipsou una pregunta/reivindicación : daríanlle este ano o Nobel a unha escritora? As dúbidas eran razonables, das 109 veces que se concedeu este galardón, só 14 recaeron nunha muller. É non é o único premio literario cargado de testosterona. O “Premio Nacional de Narrativa: desde 1977 ata hoxe, só se concedeu a 2 escritoras (Carmen Martín Gaite e Carme Riera). ¡De 38 edicións! Un 5%”, lamenta Laura Freixas, escritora e presidenta de Clásicas y Modernas.“No lo han tenido ni Ana María Matute, ni Rosa Chacel, ni Esther Tusquets, ni Belén Gopegui, ni Cristina Fernández Cubas, ni Soledad Puértolas, ni Dulce Chacón, ni Marta Sanz, ni Marta Rojas, ni Almudena Grandes...”. A balanza equilíbrase noutros certames como o Nadal ou o Planeta, pero toda unha Real Academia Española tampouco se salva . Dos 80 académicos que se incorporaron ás súas filas nos últimos 40 anos, só unha decena teñen cromosoma XX, como Ana María Matute ou Soledad Puértolas.
"A literatura escrita por mulleres aporta novos argumentos, novos personaxes, inclúe moitos ámbitos que a literatura escrita por homes non aborda"
xoves, 13 de outubro de 2016
Humor do país
MUSEO DO HUMOR DE FENE
do 10 de outubro ao 20 de novembro
“O
HUMOR DO PAÍS”, DE LUÍS DAVILA, NO MUSEO DO HUMOR DE FENE
As
populares tiras cómicas de “O bichero”, Luís Davila, encherán
a partir do vindeiro luns as paredes da sala de exposicións
temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene (Avda. De Conces,
20-22). A exposición “Humor do país” abre ese día ao público
pero non será ata o xoves 13 cando se inaugure nun acto que comezará
ás 20 horas e ao que asistirá o propio debuxante.
O
“Humor do país” de Luís Davila amosarase no Museo do Humor de
Fene do 10 de outubro ao 15 de novembro en horario: de luns a venres,
de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.
Luís
Davila, 1972. Humorista gráfico nado en Bueu e vencellado dende a
súa infancia a este concello onde medrou e reside actualmente
(considérase “morrasseiro” ata a médula espiñal).
Deseñador
gráfico pola escola de Artes e Oficios Pablo Picasso de A Coruña,
Especialista
en retratar o particular humor galego, facendo rir, mais tamén
cavilar, aos lectores diarios do decano da prensa española. Dende o
ano 1998 publica as súas tiras de “O bichero” e “O fotomatón”
no xornal Faro de Vigo.
Alcumado
“O bichero”, Luís Davila toma o seu nome artístico da
ferramenta (un gancho cun garfo na punta) que levan a bordo no barco
os mariñeiros do Morrazo.
O
estilo de Davila combina “unha fina retranca e un tratamento
irónico e intelixente da actualidade política, social, económica e
mesmo deportiva, xunto a un certeiro retrato da idiosincrasia
galega”. A través de personaxes como Dora a Desbrozadora (metáfora
da muller traballadora voluntariosa galega), Davila “saca punta aos
estereotipos, rise deles e fai rir con situacións que non resultan
inverosímiles”, retratando a vida da Galicia máis auténtica: a
dos labregos, mariñeiros, etc.
A
día de hoxe ten autoeditados seis libros nos que compila as súas
tiras de “O bichero”: “O bichero I”, “O bichero II. Outra
ronda”, “O bichero III. Non hai dous sen tres”, “O bichero
IV. Menudo día”, “O bichero V. Living a vida loca” e “O
bichero VI. Ti sacha”.
Nos últimos anos o traballo
de Luís Davila ven acadando cada vez máis repercusión, grazas
sobre todo ao seu talento, pero tamén á súa constante presenza nas
redes sociais (a páxina de Facebook "Fans de Luis Davila"
conta con máis de 78.000 'likes') e á súa participación en
múltiples e variados proxectos, coma os espectáculos “Menú do
día” e “Menú da noite”, nos que acompaña ao humorista Carlos
Blanco sobre o escenario.
Precisamente, na inauguración
da exposición “O humor do país” -o xoves 13 ás 20 horas no
Museo do Humor de Fene- está confirmada a asistencia do actor e
contacontos Carlos Blanco.
xoves, 6 de outubro de 2016
Matthew deixa máis de 130 mortos en Haití e 1.5 millóns de evacuados en EE.UU.
Así nace un furacán extremadamente perigoso. Matthew leva asociados ventos que xa superan los 200 kilómetros por hora e chuvias que poderían deixar acumulacións de 800 litros por metro cadrado en 24 horas. Os seus efectos poderían chegar ata a costa este de Estados Unidos.
La voz de Galicia. Xavier Fonseca 04/10/2016 08:14
luns, 14 de decembro de 2015
xoves, 7 de maio de 2015
martes, 24 de marzo de 2015
O CÓMIC DE TOMÁS
Tomás Guerrero, ilustrador e animador, presenta nestes días A deserción de Stalin, o seu divertido debut no mundo da novela gráfica, estrea coa que a editora coruñesa estende o seu catálogo de autores e xéneros, xa que estamos ante unha historia de espías nos comezos da Guerra Fría, un relato de segredos e intrigas a través da lente do humor e a retranca.
http://komic.es/gl/lecturas/502-a-desercion-de-stalin-tomas-guerrero-demo-editorial.html
venres, 1 de novembro de 2013
Premio nacional de Cómic
Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic 2013
O debuxante galego Miguelanxo Prado foi galardoado co Premio Nacional del Cómic 2013 pola súa obra «Ardalén», publicada pola Norma Editorial en 2012.
O xurado destacou o carácter poético da súa obra, a mestura de realidade e soño, a memoria e o esquecemento, e a súa mestría técnica no uso da cor.
O premio, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros e o distingue a mellor obra desta especialidade
publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano 2012.
Miguelanxo Prado
(A Coruña, 1956) iniciou a súa traxectoria colaborando en revistas como
«Creepy», «Comix Internacional» e «Zona84». En 1985, publicou «Fragmentos da Enciclopedia Délfica»,o seu primeiro álbum en solitario, ao que seguiría «Stratos», en 1987. Realizou a serie «Quotidiania Delirante» para a revista satírica «El Jueves».
En 1990 publicou o seu álbum máis recoñecido, «Trazo de tiza», co que obtivo repercusión internacional.
Outros álbumes seu son: «Stratos» ou «Tangencias».
Prado traballou para a Televisión Galega creando o popular Xabarín e todos os personaxes da serie «Os vixilantes do Camiño». En 1998 deseñou os personaxes da serie de animación «Men in Black» para Dreamworks. En 2003 colaborou co coñecido guionista de «The Sandman», Neil Gaiman, no libro colectivo «Noches eternas».
O autor galego leva recibidos numerosos premios, tanto nacionais como internacionais, que o recoñecen como un dos grandes a nivel europeo. Dirixe o salón do cómic Viñetas desde o Atlántico desde 1998.
O 28 de novembro de 2009, Miguelanxo Prado ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes.
mércores, 23 de outubro de 2013
CONFERENCIA DO DEBUXANTE XOSÉ TOMÁS
Hoxe, 23 de outubro, visitou o noso colexio o coñecido debuxante de Cómics Xosé Tomás. Falounos dos distintos tipos de Cómics e a súa historia, como se chamaban dependendo do lugar no que estivesemos e aprendeunos distintos trucos para debuxar Cómics.
Tamén nos fixo algunhas demostracións para debuxar viñetas e finalmente ensinounos todo o proceso do deseño e a elaboración dun dos seus últimos Cómics.
Pareceunos moi ameno todo o que nos contou e tamén nos pareceu impantante o modo no que debuxaba, foi moi divertido.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






