venres, 25 de abril de 2014

LER CIENCIA


Excursión de 1º e 2º de ESO

                 Os alumnos de 1º e 2º ESO regresaron contentos e felices da súa excursión por Asturias.
                                              Na fábrica de DANONE (Salas)
                                                   Preparándose para o descenso do río Sella
                                              Rivadesella
Foron tres días fantásticos, fóra da rutina do colexio, para estar cos nosos compañeiros e compartir experiencias. O máis divertido foi o descenso do Sella, aínda que houbo algún que papou unha molladura,
e tivemos moitas maniotas e moitas dores xogando ao Paintball.
 Montamos en cabalo, menos mal que os cabalos estaban ben adestrados porque alí arriba pasábase algo de medo, pero o cabalo sabía a onde ir.
O peor foi a comida (ai! a comida do cole!), só nos poñían patacas fritas con maonesa, ketchup e salsa rosa.
                                                                              Antía, Lidia, Rodrigo e Víctor Miguel.

venres, 11 de abril de 2014

Díaz Castro


XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO  

No ano 1987 a produtora de vídeo Ophiusa acompaña a Díaz Castro polos lugares emblemáticos do seu proceso vital e creativo. Nimbos de poesía é o resultado desta viaxe ao mundo do autor. Os Vilares, Mondoñedo, Betanzos, Guitiriz, ... desvélanse ante os nosos ollos a través da mirada e da propia voz de Xose María. Todo un testemuño de primeira man da grandeza das cousas pequenas que tanto amaba o poeta.

Esa lus, unha canción para Díaz Castro


LETRAS GALEGAS 2014 XOSÉ MARÍA DÍAS CASTRO
Esa lus" é a nova canción creada dende o IES Poeta Díaz Castro para conmemorar o ano do autor dos Vilares, desta vez empregando unha melodía moi coñecida para musicar os seus versos e traxectoria vital. Dende o neno Pepe ata o poeta que hoxe coñecemos, nesta canción destácase a vixencia da súa lírica e así o transmitiron os máis de douscentos rapaces que participaron dos actos do centenario o pasado 19 de febreiro. Eses actos remataron cun ensaio xeral da canción que esperamos ter perfeccionada para o próximo 17 de maio.

martes, 1 de abril de 2014

Paseo pola natureza

                                Paseo pola natureza cos alumnos de Primaria