Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de febreiro de 2020

Día da muller na ciencia




EL CÓMIC- CIENTÍFICAS, se queres lelo pincha aquí

mércores, 19 de febreiro de 2020

luns, 25 de marzo de 2019

Karen Uhlenbeck, a primeira muller ‘Premio Nobel’ de Matemáticas   El País 03/2019Karen Uhlenbeck

Hai poucos días fallábase o Premio Abel 2019 e era para a estadounidense Uhlenbeck, firme defensora da igualdade de xénero na ciencia e creadora en 1993 do programa ‘Mulleres e Matemáticas’ para dar visibilidade ás investigaciones científicas. Algúns membros da Royal Society recoñecen que o premio para ela chega algo tarde, porque os seus logros contribuíron aos maiores avances nas matemáticas dos últimos corenta anos.
A matemática estadounidense é a primeira muller que recibe o Premio Abel, creado en 2002 para celebrar o bicentenario do nacemento do matemático noruego Niels Henrik Abel. Outros 19 homes gañaron este galardón desde entón. Xa en 1988, Uhlenbeck denunciaba que a discriminación explícita non era oúnico obstáculo na súa disciplina. “Un dos problemas máis serios que teñen as mulleres é facerse á idea de que existe unha sutil falta de aceptación cara elas e que teñen que actuar en consecuencia”

Nada en Cleveland hai 76 anos, traballou con ecuacións en derivadas parciais, desenvolvidas orixinalmente pola necesidade de describir fenómenos como oelectromagnetismo, pero que agora se utilizan en multitude de contextos, como o estudo das formas do espazo en varias dimensións.

“Son matemática. Os matemáticos facemos investigacións exóticas, así que é difícil describir exactamente o que fago en términos sinxelos”, recoñecía a científica, profesora emérita da Universidade de Texas en Austin.


sábado, 9 de marzo de 2019

Lecturas coeducativas 
VISIBILIDADE



Resultado de imagen de editorial urco mulleres bravas
      q   Intención clara de por en valor a vida e obra das autoras, creadoras, artistas...
q   Son biografías de mulleres na Historia
q   Permiten cubrir a falta de referencias específicas no ámbito educativo
q   Facilitan referentes femininos no imaxinario colectivo

Rosalía de Castro. María Lado


María Victoria Moreno. Eli Ríos.


Maruja Mallo. Elvira Ribeiro.


Xulia Minguillón. María Reimóndez.

Resultado de imagen de MULLERES GALEGAS COLECCION


§   Hércules e a caixa máxica de Ana María Matute. Clara Arranz, Higinia garay. Hércules ediciones. 2017 biografía lix infantil galego
§   Yo, Jane. Patrick McDonnell. Océano Travesía. 2015. Lix infantil español, Jane Goodall. biografía, animais, ecoloxía
§   Cuentos de Buenas noches para niñas rebeldes. 100 historias de mujeres extraordinarias. Elena Favilli y Francesca Cavallo. Destino 2017

§   Isadora Duncan. La bailarina del mar. Patricia Alonso de Agustín. Hotel Papel. 2010
§   Frida Kahlo. Nadia Fink, Pitu Saa. Colección Antiprincesas 1. Chirimbote, Sudestada. 2015. Argentina. Lix infantil español, biografía, arte. propostas didácticas COLECCIÓN ANTIPRINCESAS/ OTRAS PRINCESAS vv biografías

§   Frida. Itziar Miranda, Jorge Miranda. Ilustra Lola Castejón Fernández de Gamboa. Edelvives. 2015. lix infantil español, biografía, arte COLECCIÓN MIRANDA CON MOITAS OUTRAS

§   Intrépidas. Los Excepcionales viajes de 25 Exploradoras. Cristina Pujol Buhigas. Ilustrado por Rena Ortega. Pastel de Luna (2018) Albúm ilustrado LIX . Biografías ilustradas de mulleres intrépidas e viaxeiras
§   Nana de Tela. La vida tejida de Louise Bourgeois. Amy Novesky, ilustrado Isabelle Arsenault. Impedimenta. 2016. lix infantil español, biografía, arte

§   Frida Kahlo. Pequeña & GRANDE. Gee Fan Eng. Mº Isabel Vegara. Alba. 2015. Album ilustrado. Lix español. Infantil. Arte. Biografía. COLECCIÓN PEQUEÑA & GRANDE DA EDITORIAL ALBA CON MOITAS BIOGRAFÍAS

§   Mujeres. Isabel Ruiz Ruiz. Ilustropos. 2015. album ilustrado biografías: Hipatia, Concepción Arenal, Marie Curie, Florence Nightingale, María Montessori, Alice Guy-Blaché, Isadora Duncan, Virginia Woolf, Clara Campoamor, Amelia Mary Earhart,... COLECCIÓN DE 3 VOLUMES (A PIQUES DE SAIR O NÚMERO 4)

§   Valerosas 1 y 2. Mujeres que solo hacen lo que ellas quieren. Pénélope Bagieu. Dibbuks. 2017 comic, banda deseñada, biografías e Valerosas 2.

§   Primates. La intrépida ciencia de Jane Goodall, Dian Fossey y Biruté Galdikas. Jim Ottaviani e Maris Wicks. Norma Editorial. 2015. orixinal 2013). primatólogas,comic, banda deseñada, biografías



martes, 5 de marzo de 2019

Científicas

Tabla Periódica das Científicas
As científicas que compoñen esta tabla (por orde alfabética de símbolos) son as siguientes:
Cosulta información sobre as científicas nesta ligazón
Por Teresa Valdés-Solís ⌚ 23 noviembre, 2018

Xoga coas Mates

Se queres gozar coas matemáticas tes que probar este xogo galego, Mathex



Profesores da USC e o ensino secundario desenvolven un proxecto que mestura estratexia, historia e resolución de problemas matemáticos
Podes xogar a Mathex nesta ligazón.


sábado, 26 de maio de 2018

A especie invasora

A velutina

Neste mes de maio no corredor de entrada do colexio hai unha exposición sobre a Vespa velutina, un excelente e vistoso traballo feito polos alumnos de CAAP de 4º ESO dirixidos pola profesora de Ciencias Mercedes López Rodríguez . 
Noraboa por este magnifico traballo !!!!✌

martes, 8 de maio de 2018

CHARLA SOBRE O RADÓN

O RADÓN

A profesora Dolores Cortina, catedrática de Física nuclear da USC veunos dar unha interesante charla sobre a presenza de radón no subsolo e no interior das casas.Entre outras cousas contounos que en Galicia, debido ás características do solo e do clima ,hai moita presenza deste gas e falounos dos efectos que pode producir na nosa saúde e das medidas que se poden adoptar para mitigar a súa influencia.

 Para saber que é o radón, a vosa profesora, Mercedes López Rodríguez, preparou unha información sobre este elemento:

                                            Radón

§  O radón é un elemento do grupo 18 (gases nobres); o seu símbolo é Rn.


§  É un gas incoloro, inodoro e insípido, polo que a súa presenza nun lugar non se detecta.

§  É quimicamente inerte, o que quere dicir que non reacciona con outros elementos (é un gas nobre).

§  O seu nº atómico (Z) é 86, o que quere dicir que este átomo ten 86 protóns (partículas con carga positiva e con masa) no seu núcleo.

§  O seu nº másico é 222 (A), e dicir o nº de partículas que ten o seu núcleo resultado de sumar os protóns e os neutróns (partículas sen carga e con masa)
  Na natureza hai átomos que teñen practicamente o mesmo nº de protóns que de neutróns; pero hai outros que presentan un gran desequilibrio entre o nº de protóns  e neutróns que ten o seu núcleo; p.e. o radón ten 86 protóns e 136 neutróns . Estes últimos átomos son altamente inestables e tenden a descompoñerse rompendo os seus núcleos e orixinando elementos diferentes, ao mesmo tempo esa desintegración vai acompañada da liberación de enerxía en forma de radiación, que pode ser de diferentes tipos, isto é a desintegración radiactiva.

Ese proceso tamén se pode inducir de forma artificial, pero no noso caso ocorre de forma natural, radiactividade natural.

En resumo, o radón orixínase a partir do U-234, que se desintegra e orixina Ra-226, que se desintegra e orixina Rn-222, que se desintegra e orixina Po-218





Importancia do radón nas nosas vidas

 Onde se atopan as fontes de radón? O uranio e o radio son elementos que forman parte das rochas (o granito p.e.), está presentes nos materiais de construción (cemento etc.), entre outros (auga, gas). 

A descomposición destes elementos orixina radón que se filtra polos poros ou fendas do terreo, do solo, das paredes etc. e se acumula no interior das nosas casas. É máis pesado que o aire polo que tende a concentrarse nas zonas baixas.
A radiación que emite na súa descomposición son partículas alfa que non teñen capacidade de atravesar a nosa pel , pero que introducimos no noso corpo pola respiración; adhírense ao tecido broncopulmonar e dende  alí liberan radiación que provoca alteracións no material xenético das nosas células (ADN), volvéndoas canceríxenas.  


Considérase que a combinación de tabaco e radón é responsable do 25% dos cancros de pulmón que se detectan en Galicia.


No noso territorio as condiciones climáticas empeoran a situación, pois as baixas presións e as precipitacións inflúen negativamente xa que provocan a mobilización do radón dende o terreo ata o interior das nosas casas; as diferencias de presión e os poros do terreo taponados pola auga obriga ao radón a desprazarse cara o interior das vivendas.

Que podemos facer?
Ø O uranio e o radio, fontes de radón, sempre van estar aí; teñen unhas vidas medias de millóns de anos, no radón  é de 3,8 días, polo que se está a producir constantemente.

Ø O clima non podemos cámbialo. As veces xa nos gustaría!!!



      • Tampouco podemos cambiar a nosa litoloxía (o tipo de rochas que existen no subsolo, granitos p.e.) 
         
        Hoxe en día trabállase no deseño de materiais de construción que non presenten poros ou que non fendan, para protexer as casas da entrada do radón; no desenvolvemento de sistemas de ventilación etc.
        Pero para os que xa temos casa feita.. airear! Abrir as fiestras para que o aire corra e arrastre ao radón ao exterior e así se dilúa na atmosfera. O problema está nos sotos onde hai que procurar xerar correntes de aire que movan o gas. Aínda que sexa inverno, con abrir 10 minutos ao día sería suficiente!!! 
         
        Os gráficos de carácter científico utilizados neste documento pertencen ao traballo do profesor Carlos Sainz Fernández da Universidade de Cantabria


        Aínda que sei que xa o sabedes… e por se sae na charla; ISÓTOPO: son átomos do mesmo elemento (mesmo nº de protóns), que se diferencian no nº de neutróns. 
        Exemplo:
        Uranio-238 ten 92 protóns (é uranio!!) e 146 neutróns
        Uranio-235 ten 92 protóns e 143 neutróns
         
                                                 MERCEDES

luns, 13 de novembro de 2017

BIOGRAFÍAS

Magníficos traballos sobre a biografía de científicos realizados polos alumnos de 2º ESO

Traballo de Yaiza Mata sobre Hedy Lamarr



Hecho con

Alba Señarís sobre Marie Curie


Ana Vázquez sobre Isaac Newton.

                                      Tes que ver o vídeo   5😀😁😅



Álex Suárez , a tabla periódica.

xoves, 9 de novembro de 2017

DÍA DA CIENCIA EN GALICIA



A exposición Día da Ciencia en Galicia (Científicos Galegos 2008 - 2017) está actualmente no Colexio La Salle de Santiago

A exposición Día da Ciencia en Galicia, posta a punto pola RAGC en colaboración co Consello da Cultura Galega, presenta unha breve semblanza biográfica e profesional dos 10 Científicos Galegos proclamados como tales pola RAGC de 2008 a 2017. Inaugurouse no Pazo de San Roque con motivo do Día da Ciencia en Galicia e actualmente está no Colexio La Salle de Santiago. A súa finalidade principal é contribuír á Cultura Científica da sociedade galega, neste caso a través dos  alumnos do Colexio. Posteriormente levarase a otros centros e institucións.

domingo, 29 de outubro de 2017

Como converter calquera célula do corpo nunha célula nai : Células iPS e a reprogramación celular


Células iPS e reprogramación celular:como converter calquera célula do corpo nunha célula nai 

A reprogramación celular permítenos converter calquera célula do corpo nunha célula nai pluripotente. O seu descubrimento no 2006 sorpredeu a moitos científicos e cambiou a maneira de pensar sobre o funcionamento das células. A reprogramación celular abriu excitantes posibilidades para estudar e tratar enfermidades.
Sabías que...?
En soamente 3 semanas podes xerar unha célula nai  pluripotente a partir de calquera célula do corpo, incluso usando células dunha persoa de 82 anos.

Sabías que...?


Shinya Yamanaka descubriu por primeira vez as células iPS en 2006 e gañou o Premio Nobel por este traballo en 2012.

Sabías que...?


As células especializadas da pel…


...

...reprográmanse a células pluripotentes, marcadas en verde na foto anterior.

Se queres saber máis...
Reprogramando as nosas células

Se queres ver un video  sobre o descubrimento de Yamanaka ...







Fonte: Eurostemcell