venres, 24 de outubro de 2014


Mostrando ANAGRAMA COR baixa.jpg

             MES DA CIENCIA                                                                                                                                                  




Xincana_fichas_biograficas from marelatarabela
Máis material cintífico publicado na páxina da Xunta, neste enlace
 http://www.edu.xunta.es/biblioteca/ciencia/

sábado, 18 de outubro de 2014

              LECTURAS MATEMÁTICAS
      para os que non gustan das matemáticas



La recta y el punto, de subtítulo Un romance matemático, de Norton Juster publicado por Fondo de Cultura Económica, é un clásico escrito en 1963... case nada!Como o amor non ten fronteiras, unha liña namorada dun punto moi chulo decide facer de todo para conquistar o corazón deste...e fai marabillas! Para mostra, unha imaxe: 






EL TEOREMA DEL LORO
teoremaloro.png
“El teorema del Loro” teata de nos entreter e enriquecer a través dun repaso á historia das matemáticas. Toca temas tan importantes como o coñecido teorema de Tales poñendo como exemplo a súa aplicación ás pirámides exipcias ou a obtención das diferentes curvas cónicas ao cortar un cono con diferentes planos. É curioso o relato da aparición de signos matemáticos que utilizamos habitualmente, como o signo igual, o da suma e resta, as incógnitas ou incluso os números e máis tarde o cero.
Fálanos da importancia dos matemáticos árabes, pais dos polinomios, ecuacións, raíces, e a aparición da trigonometría. Tamén relata a resolución de ecuacións de terceiro grao e a imposibilidade de resolver ecuacións de quinto grado por radicais. Como curiosidades narra a orixen do número imaxinario i  e dos números trascendentes π ó e.
Repasa a obra de grandes matemáticos como Pitágoras, do que destaca a obtención da media aritmética, xeométrica e armónica, e por suposto, o seu famoso teorema, do que como consecuencia se fai a distinción entre os números racionais e os irracionais.
Un dos temas centrais é a presentación e explicación de tres problemas da antigüidade: a cadratura do círculo, o duplicado do volume dun cubo, e a trisección dun ángulo.
Desenvolve dúas conxeturas coas que a investigación matemática chega ao seu cume: a conxetura de Fermat e a conxetura de Goldbach.

             LEE A JULIO VERNE  de SUSANA MATAIX

susanamataixCristina é unha moza un un pouco toleirana que vive soa en Madrid aíndaque depende  de seus pais. Despois duns meses sen recibir cartos, seu pai decide retala cun criptograma. Só se o resolve volverá a obter aporte económico. Para iso, tivo que ler libros de Jules Verne e fíxoo coa axuda de Beatriz, unha amiga. Neste proceso, empezou a sentir curiosidade pola criptografía e as matemáticas.
No seu segundo reto coñeceu a Alejandro e este  proporciónalle a axuda para resolver o enigma sobre o número e, gracias ao cal empezaron a sentir una atracción entre eles.
No terceiro reto descobre a clave RSA e as relacións entre os números primos gracias a un matemático amigo de Alejandro,  así encontra a súa gran paixón polas matemáticas.

Sobre as matemáticas da novela:
A peza clave na novela é a criptografía. A criptografía é a arte de escribir con clave secreta ou dun modo enigmático. No desenvolvemento das técnicas de cifrado que se analizan neste libro aparecen referencias a certos conceptos matemáticos.
   http://innovacioneducativa.upm.es/pensamientomatematico  
                                                        AutorPaolo Giordiano

Título: La soledad de los números primos

Editorial SALAMANDRA (2009)
288 páxinas
PVP: 16 €


ARGUMENTO
Esta é a historia de Mattia e Alice, dous seres únicos, marcados desde a infancia por unha traxedia. Alice por un accidente de esquí que a deixará coxa de por vida. Mattia por abandoar á súa irmá xemelga. Alice non come, é anoréxica. Mattia autolesiónase.Mattia,un genio matemático. Alice,sen unha vocación definida. 

Seres diferentes, moi diferentes a todos os que os rodean e iso só pode determinar unha cousa; que sexan rexeitados polos demais e que eles mesmos rexeiten o mundo que os rodea:«Pasaron os anos do instituto como de puntillas, rexeitando el o mundo, sentíndose ela rexeitada polo mundo, o que a fin de contas terminou por parecerlles o mesmo. (Páxina 111)



                                   

domingo, 12 de outubro de 2014



Malala Yousafzai (en pastún ملاله یوسفزۍ, nacida o 12 de xullo de 1997 en Pakistán) é  unha estudante, activista e bloguera pakistaní. No 2012 sufriu un atentado por parte dos talibáns cando ía no autobús escolar onde recibiu disparos na cabeza . Despois da súa recuperación seguiu loitando polos dereitos das mulleres e polo acceso á cultura universal

l.

Patrick Modiano, Premio Nobel de Literatura 2014

Premiado segundo a Academia Sueca: «Pola arte da memoria coa que  evoca os máis inasibles destinos humanos».

modiano_postcardPatrick Modiano nace en Boulogne-Billancourt o 30 de xulio de 1945. Fillo dunha actriz belga e dun home de negocios italiano, criouse entre Jouy-en-Josas e a Alta Saboya. As ausencias repetidas de seus pais achegárono a seu irmán maior, Rudy, que morre á idade de dez anos. Tras aprobar a selectividade, decide dedicarse plenamente á escritura. As súas primeiras obras xiran en torno á ocupación nazi e o colaboracionismo (El lugar de la estrella, galardonada co Premio Roger Nimier e o Premio Fénéon, La ronda de noche y Los bulevares periféricos). En 1978 outórganlle o Premio Goncourt por La calle de las tiendas oscuras, unha novela ambientada na  Segunda Guerra Mundial, e en 1984 recibe o Premio da  Fundación Pierre de Mónaco polo conxunto da súa obra. En castelán, entre outras, publicáronse: Domingos de agostoViaje de noviosEl rincón de los niñosLas desconocidasDora Bruder yJoyita.