luns, 1 de xullo de 2019

LECTURAS PARA O VERÁN



Desfruta do verán cun libro na man

 Recomendación de lecturas da Biblioteca
                                                                          
  



A partir de 6 anos


DISTINTA, Beto Valencia e Sozapato

Fronte á rutina e ao mal humor, Lúa anímanos a ollar a realidade cunha ollada fresca e orixinal, a experimentar novas emocións e vivir cada día con optimismo. Finalista do X Pemio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado


OS ESQUELETOS DIVERTIDOS, Janet & Allan Ahlberg (ilustración)

Tres simpáticos esqueletos saen unha noite a pasear e a asustar xente. Xogos e cancións nunha lectura terrorificamente divertida.








O XIGANTE SECRETO DO AVÓ, David Lichfield


Unha historia XIGANTE que fala da necesidade de encaixar e do valor da amizade, e que foi creada por David Litchfield, gañador do Waterstones Children’s Book Prize en 2015 na categoría de libro ilustrado por “O Oso e o Piano“.


A LO BESTIA, Mar Benegas

A Mar  gústanlle as palabras, porque con elas constrúe versos e cuentos; e cos versos e os contos, ás veces, constrúe libros. Tamén lle gustan os gatos, porque ronronean como se tiveran un motor e foran  saír voando en calquera momento. E  gústanlle os nenos, non sabe moi ben o porqué, pero así es. Como lle gustan moito as palabras, os nenos e os gatos, ás veces  mestúrao todo: escribe contos de gatos infantís, ou versos que ronronean como nenos...


A partir de 8 anos

ANIMALES: EL REINO ANIMAL COMO NUNCA ANTES LO HABÍAS VISTO, VV. AA.

Repleto de ilustracións en 3D, Animais achega ao lector a un mundo en constante evolución para descubrir como vive e como se relaciona co seu entorno cada habitante do planeta. Animais está cheo de divertidas curiosidades e datos relevantes de especies de todo o reino animal: desde as alas dun espectacular albatros á maxestuosidade do tiburón branco... Observa a vida animal nos seus detalles máis recónditos.



CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO, Raquel Díaz Reguera

Martina, Alicia e Jimena son tres nenas con grandes ilusións, pero a banda de 'NOLOCONSEGUIRÁS' encheulles os petos de pedras para que non poidan voar.

POEMAR O MAR, Antonio García Teijeiro

"Poemar o mar" é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con "En la cuna del mar" e "Palabras do mar". Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel. Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017


O CASTIÑEIRO DE ABRIL, Antonio Manuel Fraga Allegue

Buto, o zapateiro, conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas. Acompañado do seu can, Barriga Branca, Baltasar vende na praza dos Zoqueiros soldadiños e bailarinas de madeira, labradas coa súa navalla, coa intención de xuntar cartos para reunirse co seu pai. A aparición na praza do Castañeiro de Abril provocará un xiro na súa vida...


A partir de 10 anos

PUF, VAIA PEIDO, Luisa Martínez Lorenzo

Neste libro atoparás unha man chea de nomes populares, trampulleiros e divertidos.
Úsanse  para  chamar  a  algúns  dos  seres  vivos  que
atopamos no noso contorno, pero tamén nos fan
pensar noutras cousas ben diferentes e, case sempre,
disparatadas. Ademais,  sorprenderaste  coñecendo  o
xeito de vida dos animais, plantas e fungos aos que se
refiren.


MANDELA, EL AFRICANO MULTICOLOR, Alain Serres

27 páxinas ilustradas con tinta china renden homenaxe aos 27 anos que Nelson Mandela estivo preso. Ao final, un caderno reúne os documentos que narran a súa vida.


ATRAPADO EN MI BURBUJA, Steward Foster

Joe ten once anos e non recorda ter vivido nunca fora do seu cuarto no hospital, co bip-bip das súas máquinas e esa vista dos tellados de Londres. A súa enfermidade non lle deixa saír nin por un momento e as poucas visitas que recibe poden traer á súa «burbulla» microbios perigosos. Pero a vida  cámbialle radicalmente cando chega á súa planta un nuevo enfermeiro: Amir, un inmigrante da India en busca dunha mellor vida en Reino Unido.


SOLOS, Fabien Velhamnn

Sós e él  serie estrela da revista francesa Spirou. ¡Entre un Club dos cinco moderno e un Perdidos cuxos protagonistas son nenos! Un novo día empeza como cada mañá en Fortville, pero nada é como antes. Os que se  desperaron esta mañá deambulan por unha cidade deserta ata descubrir que só quedan cinco deles. ¿Que puidi pasasr? ¿Onde están seus pais e os seus amigos?




A partir de 12 anos

A QUE ALTURA ESTÁ O CEO?, Jorge Mira

Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia: Este libro vainos dar a resposta. A esta cuestión... e a moitas outras.

O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.


LAS PALABRAS (NO) SE LAS LLEVA EL VIENTO, David Aceituno y Ana Santos

Las palabras pueden cambiar el mundo, emocionarte, enfurecerte... o hacerte soñar.

Un nuevo álbum de David Aceituno ilustrado por Ana Santos que te invita a descubrir el poder de las palabras.
Hay palabras que curan las heridas; otras que hieren en silencio.


FÓRA DO NORMAL, María Reimóndez

André, igual ca os heroes da Banda Deseñada vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entender a vida allea ao contexto urbano no que se ve obrigada a inserirse.


FEMINISMO ILUSTRADO, María Murnau e Helen Sotillo

Feminismo ilustrado  explica ata onde chega realmente o patriarcado con exemplos do día a día,  aclara conceptos da loita feminista, desmonta falsas argumentacións en contra e  invita a detectar machismos de todos os tamaños e a mantenerte a salvo deles. Todo  acompañado de explicativas ilustracións e de moito humor.


A partir de 14 anos

MUJERES DE LA CULTURA, Rosa Huertas

Un libro compuesto de diez relatos, en cada uno de los cuales se presentan aspectos relevantes de la vida de mujeres del mundo de la cultura para convertir su biografía en algo vivo y latente.


VIDA Y MUERTE DE GARCÍA LORCA, Ian Gibson e Quique Palomo

Federico García Lorca es el poeta y dramaturgo español más famoso del mundo. En este cómic, Ian Gibson y el reconocido ilustrador Quique Palomo han unido sus talentos para contar las peripecias de una vida tan apasionante como trágicamente truncada, desde el nacimiento del autor del Romancero gitano en el pueblo granadino de Fuente Vaqueros hasta su asesinato a manos de los sublevados fascistas en las afueras de la ciudad de la Alhambra.


STREET POEMS, Fran Alonso

Este é un libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela da arte na rúa, un libro que procura espazos de confluencia entre as artes plásticas e a poesía.


O SOÑO DA SERPE, Antonio Seijas

Luz é unha moza especial, só que ela aínda non se decatou. A piques de comezar un novo curso na universidade, coñece unha muller en busca do seu pasado, e embarca con ela nunha aventura chea de misterio, soños, autocoñecemento e historias que se entrecruzan e das que será parte ata o fin, ao tempo que comproban que a natureza garda segredos impensables.


Adultos

ÁM@ME, Chis Oliveira e Amada Trabe

É un libro que aborda as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor. Porque a amar apréndese. Mais cómpre tamén desaprender os modelos nocivos baseados nos mitos románticos, unha sexualidade condicionada pola pornografía e, en definitiva, polos modelos esmagadores do patriarcado, elementos todos aos que está exposta a nosa mocidade sen que poidan facer moito por evitalos.


LER O MUNDO, Michèle Petit

Reflexión a favor da literatura e da arte para que formen parte da nosa vida cotiá; como camiño para crear un mundo máis habitable. É este un libro necesario nun tempo en que o que se procura tantas veces é a rendibilidade máis absoluta; un libro pragado de preguntas que non son retóricas e ás que dalgún xeito se lle dan resposta, como son “Para que serve ler?”, “Como transmitir o pracer da lectura?”, ou “cales son as estratexias para transmitir o gusto pola lectura e polas prácticas culturais?”.


TODO ISTO ANTES ERA NOITE, Lucía Aldao

Di Lucía Aldao "Todo isto antes era noite é un libro que abre tantas cousas como pecha, que ilumina ensombrece a partes iguais. Nel trázase o mapa da aprendizaxe sentimental, e hai unha ruta nocturna que atravesa o mellor e o peor das relación coas demais e comigo mesma. Todo isto antes era noite é un paseo pola intimidade, é entrar e saír.


LA DEPENDIENTA, de Sayaka Murata

«Una novela extraordinaria sobre lo difícil que resulta a veces formar parte del mundo.» Keiko Furukura tiene 36 años y está soltera. De hecho, nunca ha tenido pareja. Desde que abandonó a su tradicional familia para mudarse a Tokio, trabaja a tiempo parcial como dependienta. Siempre ha sentido que no encajaba en la sociedad, pero en la tienda ha encontrado un mundo predecible, gobernado por un manual que dicta a los trabajadores cómo actuar y qué decir.










































Desfruta do verán cun libro na man




Recomendación de lecturas da Biblioteca