luns, 18 de xaneiro de 2016

ENCONTROS LITERARIOS

 

O día 14 de xaneiro contamos no centro coa escritora Rosalía Morlán. Rosalía, nada no concello de Trazo, falounos dos seus libros e da influencia que tivo na súa poesía a súa nenez na aldea.
Acompañou a escritora o cantautor Manuele de Felisa, que interpretou poemas da escritora recollidos no CD "Canta a lúa coas estrelas

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Entroido

Chega o Entroido              

Recursos educativos para celebrar o entroido


                                                       
Se queres saber máis sobre o antroido galego pincha aquí

            Preme para ver o índice do libro

Día da Paz

Nestes días que as bibliotecas escolares seleccionan materiais para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a  Paz, lembramos que Mamá Cabra e Carmen Gil acaban de publicar o libro-disco A bruxa Discordia. Cancións para a paz na coleccción Sonárbore da Editorial Galaxia. As ilustracións son de Iria Fafián.

Galaxia explica que, no contexto social actual, A bruxa Discordia constitúe un álbum ateigado de valores positivos pensado e desenvolvido tendo en conta as necesidades dos nenos e nenas. Mensaxes como a importancia de compartir, de respectar ao próximo ou de convivir en harmonía escritas na súa propia linguaxe e transportadas a través dun dos vehículos máis eficaces: a música.

Material ben acaído para os primeiros lectores e para acompañar no Día da Paz (30 de xaneiro)

Velaquí unha mostra das cancións que inclúe o libro-disco:Baile da paz

Esta é a danza
da esperanza,
danza capaz
de sementar paz.

Ombro con ombro
pódese todo.

Dá un taconazo.
levanta o brazo
e con donaire
dálle ao cú aire.

Colle a orella
da túa parella.
Faille cóxegas.
Ponte en crequenas.

Esta é a danza
da esperanza,
danza capaz
de sementar paz.

Agora dá un brinco,
ou mellor cinco!,
e tres palmadas
con gargalladas.

Logo ao compás
anda cara atrás.
E cara adiante,
coma un xigante.

Pinta un momento
paz no vento.
Grita un segundo:
"paz no mundo"

Sobre mitoloxía


Mitos e lendas: Deuses e heroes da mitoloxía grega’.

Pincha neste enlace Mitos e lendas da mitoloxía grega