luns, 6 de xuño de 2016

PREMIOS LITERARIOS. PREMIOS XERAIS 

                               
O sábado 4 de xuño de 2016 resolvéronse os Premios Xerais na Illa de San Simón (Redondela). Na XXXIIIª edición do Premio Xerais resultou gañador Manuel Esteban coa novela A ira dos mansos, na VIIIª edición do Premio Jules Verne de literatura xuvenil Iria Misa con Xa non estou aquí e na XXXIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil David Pérez Iglesias con Todo o tempo do mundo.
A escritora Ledicia Costas, quen recibirá o próximo venres o Premio dos Clubs de Lectura, foi a mantedora literaria do acto, co discurso Todas as constelacións do mundo, que dedicou á Xeración Lamote por abrir o camiño da esperanza, lembrando a súa experiencia como lectora dende cativa.