martes, 28 de marzo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

ACTIVIDADES SOBRE CARLOS CASARES

magníficas actividades para as Letras Galegas 2017 creadas poloCIP Mestre Valverde Mayo (Pontevedra)

martes, 21 de marzo de 2017

ENCONTROS

En marzo tivemos unha agradable tertulia con Mari Vega e as "avoas pandereiteiras" que nos falaron dos tempos e dos costumes de antes , das dificultades e miserias que pasaban , pero non perderon o humor e contáronnos moitas anécdotas que nos fixeron pasar un rato  divertido.

 Mari Vega Cerqueiro naceu na Pontepedra (Tordoia).  É técnica superior de Fotografía pola Escola de Artes e Superior de Deseño “Mestre Mateo” de Santiago, así como licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago. Na actualidade traballa como profesora de fotografía na Escola “Mestre Mateo”. A propia autora recorda os seus inicios na fotografía con 12 anos de idade, de xeito autodidacta, cunha reportaxe sobre a inauguración do centro médico de Tordoia. Publicou un estudo histórico e etnográfico sobre o oficio de lavar (“Lendas e imaxes das donas do río: as lavandeiras”), galardoado co Premio de investigación Xohana Torres do Concello de Santiago de Compostela en 1997, e publicado pola editorial A Nosa Terra en 2002.
 No ano 2006 publicou o conto xuvenil “O camiño a Tibiáns” (editorial Sotelo Blanco).

domingo, 19 de marzo de 2017

NARRATIVA DE POSGUERRA. ÁNXEL FOLE


Unha curtametraxe baseada nun relato de Á lus do candil Os defuntos falaban castelao



sábado, 11 de marzo de 2017

Taller de xabóns con Begoña Picón

VISITA DE BEGOÑA PICÓN



O día 8 de marzo tivemos a visita de Begoña Picón, veciña de Gorgullos, que xa é coñecida na contorna como escritora pola presentación de su poemario La verdad de la vida  na Casa da Cultura de Pontepedra no 2011, é autora  doutros poemarios como Falei co vento, La vida , El mar y yo, Latexos e latidos así como contos infantís no ámbito da prosa. Actualmente vive e traballa na Coruña, pero non esquece as súas orixes e sempre está disposta a acudir para falar dos seus libros, do seu traballo como responsable de Muller e Igualdade en Inditex, ou de outra das súas actividades como, neste caso, a elaboración de xabóns naturais.  Déixovos a ligazón  para que saibades máis sobre ela
👉con A de comarca

xoves, 9 de marzo de 2017

Poesía para adolescentes

Os adolescentes e mozos apúntanse a un xénero que  encontra unha nova forma de difusión fóra dos salóns. A nova poesía vive  en YouTube.

As redes sociais son o comezo dunha revolución poética. Hai seis ou sete anos isto era impensable, existían os blogs, pero non tiñan tanto alcance como agora Twitter, Facebook o YouTube”. Poetas novos que  van creando o seu propio espazo e cada vez teñen máis seguidores  nas redes sociais.Cada vez son máis os que optan por conectarse ao seu canal de YouTube favorito para matar o tempo libre en lugar de tirarse fronte ao televisor a ver o primeiro que lles boten.  Más de 100.000 me gusta en Facebook, Instagram ou YouTube son algunhas das cifras que manexan estes  autores mozos,  e están creando un movemento literario propio .


http://elvirasastre.net/poemas/
ELVIRA SASTRE (Segovia, 1992). Cando tiñaa 12 anos escribiu o seu primeiro poema e con 15 abriu o seu blog "Relocos y recuerdos". En 2013 publicou Cuarenta y tres maneras de soltarse el pelo,en maio de 2014, a editorial Valparaíso Ediciones  propúxolle publicar o seu segundo poemario, Baluarte, que xa leva tres edicións. En 2016 publicou unha ampla selección dos seus poemas no libro Ya nadie baila, con prólogo de Fernando Valverde.


LORETO SESMA ,unha moza de 19 anos que mentres descubría o amor, conseguía 66.000 seguidores en Youtube e publicaba os seus dous primeros libros. "317 kilómetros y dos salidas de emergencia', una recopilación de 57 poemas da historia do levantamento  e derrumbe do seu primeiro amor.



José Ángel Gómez "Defreds"(Vigo)    ( pincha para ler entrevista)
Casi sin querer  libro de relatos e poesía  que leva un total de 11 meses entre os cinco máis vendidos.  En maio de 2015 publicou a súa primeira obra, que xa vai pola  10ª edición en 2016 o seu segundo libro. 


SERGIO CARRIÓN
"Nací en diciembre de 1993, en un pueblo de Valencia. Luego me mudé a otro pueblo. Ahora me dan vértigo las ciudades. Empecé a escribir para superar un ataque de tristeza, y como no pude, seguí escribiendo por si acaso. De las personas lo que más admiro es la capacidad que tienen para crear cosas. Hacer arte es ser Dios en la tierra. Y bueno, lo de siempre: sigo teniendo la esperanza de encontrar a mi media naranaja antes de desarrollar alergia a los cítricos."

martes, 7 de marzo de 2017

2 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


CONCURSO DE CONTOS PARA OS MÁIS PEQUENOS

CONCURSO "ANDERSEN HOXE"
Un ano máis, xa están listos os preparativos para a celebración do Día Internacional do Libro Infantil, a xornada que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen o día 2 de abril.
OEPLIGÁLIX e as súas outras seccións, traballan xa na celebración deste día animando a participar a centros escolares, bibliotecas e librarías na difusión da mensaxe e cartel que este ano se preparou dende a sección rusa do IBBY, escrito por Sergey Makhotin, ilustrado por Mikhail Fedorov e traducido ao galego por Sabela González.


BASES DO CONCURSO 👉pincha aquí

1. Poderán participar todos os alumnos de E. Primaria e Primeiro ciclo de Secundaria.