martes, 20 de decembro de 2016

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O NADAL


martes, 13 de decembro de 2016

                       HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ Powered by emaze



Pasapalabra sobre A.F.Paz
Crear Pasapalabra

venres, 9 de decembro de 2016

A célula

Unha presentación interactiva para aprender as partes da célula e ademais inglés.

mércores, 7 de decembro de 2016

os "Garabatos" de google

'Sr. Doodle': o home detrás das iconas máis famosas de internet


Ryan Germick lidera o equipo que crea os doodles para todo o mundo.
Álbum | Lola Flores e nove doodles que triunfaron en internet




Defínese como un "tío aburrido". É do Medio Oeste americano, casado cunha india (de India) e fan de Prince. Por suposto, iso non implica ser aburrido. Tamén é vexetariano, abstemio e contrario aos refrescos con azucre, xuízo que xa queda en mans do lector. O que é indiscutible é que Ryan Germick ten un dos empregos máis envexados do mundo: non só gaña moitos cartos (se presupón) e goza do seu traballo ( afirma), senón que desenvolve ata límites inimaxinables a difusión soñada por calquera artista. É o deseñador xefe dos doodles, as diferentes representacións do logo de Googleque cada día decoran o motor de búsqueda. O seu museo é o máis grande do mundo: internet. A súa exposición temporal é a web máis visitada da Rede en Europa e América. E, por riba, o líder deste grupo de 15 artistas, enxeñeiros e productores di non sentirse «presionado».


xoves, 1 de decembro de 2016

PREMIO CERVANTES 2016           EL PAÍS  CULTURA   30  de novembro de 2016

Eduardo Mendoza gaña o Premio Cervantes 2016

O escritor barcelonés "posúe unha lingua literaria chea de sutilezas e ironía", destaca o xurado

Resultado de imaxespremio Cervantes coroa a lista de galardóns á súa obra, que inclúe o Planeta, recibido en 2010 por Riña de Gatos, e o José Manuel Lara por Mauricio o las elecciones primarias, en 2007. A súa consagración chegou en 1986 con La ciudad de los prodigios, unha novela que amosa a evolución social e urbana de Barcelona entre as dúas exposicións universais de 1988 e 1929.
Mendoza acadou un gran éxito de ventas coa serie protagonizada por un peculiar detective ingresado en un manicomio (El misterio de la cripta embrujada,La aventura del tocador de señoras) que mestura a parodia co xénero policiaco. A súa última obra El secreto de la modelo extraviada, é a quinta entrega da serie.
Resultado de imaxes para eduardo mendoza librosResultado de imaxes para eduardo mendoza librosResultado de imaxes para eduardo mendoza librosResultado de imaxes para el misterio de la cripta embrujadaResultado de imaxes para sin noticias de grub

venres, 11 de novembro de 2016

Contra os elementos

 Deporte feminino

A Deputación da Coruña, Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade. Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais, crea a campaña "contra os elementos"

Un documental que pretende visualizar o deporte feminino na provincia da Coruña amosando a realidade das deportistas galegas, reivindicar a proxección deportiva e apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade.
O título refírese directamente por un lado, á loita contra os elementos que representa o empoderamento e a superación dos obstáculos que deben afrontar as mulleres para poder practicar ou adicarse profesionalmente ó deporte, e por outro, é unha alusión directa ó medio natural (auga, lume, terra e aire) onde se desenvolven as distintas prácticas deportivas.

Protagonistas: Verónica Boquete, Marta Brañas, Mónica Castelo, Mari Carmen Garcia, Sofía Toro, Isabel Gundín, Paula Mayobre, Thais Pazos, Alicia Sadia, Ruth Ballesteros, Elena González e María José Mosquera.

Unha produción de Esferobite para a Deputación da Coruña Falamos de deporte para falar de igualdade

mércores, 9 de novembro de 2016

O CEO DE OUTONO

As constelacións


Na clase de 1º de ESO está aprendendo a orientarse pola noite, para iso deben mirar o ceo. Se a choiva o permite o aspecto do ceo no outono é o que queremos representar. No hemisferio norte hai unha estrela que non varía de posición e sempre sinala o norte, a Estrela Polar, que pertence á costelación da Osa Menor. Para poder atopala, como fan os navegantes, hai que buscar a constelación máis coñecida do noso ceo, a Osa Maior ou O Carro, e con ela como referencia, buscar a Estrela Polar. Hai outro grupo de estrelas que son fáciles de localizar no ceo, CASIOPEA,a W ou M segundo o momento do ano que miremos; está xustamente no lado contrario á Osa Maior deixando a Estrela Polar no centro.


.

sábado, 5 de novembro de 2016

CONTOS DO SAMAÍN


Leer más publicaciones en Calaméo
CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN 2016
 RESULTADOS DAS VOTACIÓNS
TÍTULO
PUNTUACIÓN
TOTAL
A ILLA
3+3+3
9
O HOSPITAL ENMEIGADO
6+9+4
19
NUNCA TE RÍAS DOS DEFUNTOS
10+9+7
26
O MISTERIO DE DONA MARÍA
5+3+5
13
A MEIGA LUPITA
10+9+6
25
A MANSIÓN BLACKWOOD
7+9+5
21
RELATO DE MEDO
8+10+6
24
CATRO MEIGAS
9+8+6
23

























Gracias a todos por participar, esperamos os vosos relatos para próxima edición


 RELATO GAÑADOR DA EDICIÓN DESTE ANO
NUNCA TE RÍAS DOS DEFUNTOS
Sheila Díaz Silveira


        
          NORABOA! SHEILA