venres, 11 de novembro de 2016

Contra os elementos

 Deporte feminino

A Deputación da Coruña, Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade. Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais, crea a campaña "contra os elementos"

Un documental que pretende visualizar o deporte feminino na provincia da Coruña amosando a realidade das deportistas galegas, reivindicar a proxección deportiva e apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade.
O título refírese directamente por un lado, á loita contra os elementos que representa o empoderamento e a superación dos obstáculos que deben afrontar as mulleres para poder practicar ou adicarse profesionalmente ó deporte, e por outro, é unha alusión directa ó medio natural (auga, lume, terra e aire) onde se desenvolven as distintas prácticas deportivas.

Protagonistas: Verónica Boquete, Marta Brañas, Mónica Castelo, Mari Carmen Garcia, Sofía Toro, Isabel Gundín, Paula Mayobre, Thais Pazos, Alicia Sadia, Ruth Ballesteros, Elena González e María José Mosquera.

Unha produción de Esferobite para a Deputación da Coruña Falamos de deporte para falar de igualdade

mércores, 9 de novembro de 2016

O CEO DE OUTONO

As constelacións


Na clase de 1º de ESO está aprendendo a orientarse pola noite, para iso deben mirar o ceo. Se a choiva o permite o aspecto do ceo no outono é o que queremos representar. No hemisferio norte hai unha estrela que non varía de posición e sempre sinala o norte, a Estrela Polar, que pertence á costelación da Osa Menor. Para poder atopala, como fan os navegantes, hai que buscar a constelación máis coñecida do noso ceo, a Osa Maior ou O Carro, e con ela como referencia, buscar a Estrela Polar. Hai outro grupo de estrelas que son fáciles de localizar no ceo, CASIOPEA,a W ou M segundo o momento do ano que miremos; está xustamente no lado contrario á Osa Maior deixando a Estrela Polar no centro.


.

sábado, 5 de novembro de 2016

CONTOS DO SAMAÍN


Leer más publicaciones en Calaméo
CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN 2016
 RESULTADOS DAS VOTACIÓNS
TÍTULO
PUNTUACIÓN
TOTAL
A ILLA
3+3+3
9
O HOSPITAL ENMEIGADO
6+9+4
19
NUNCA TE RÍAS DOS DEFUNTOS
10+9+7
26
O MISTERIO DE DONA MARÍA
5+3+5
13
A MEIGA LUPITA
10+9+6
25
A MANSIÓN BLACKWOOD
7+9+5
21
RELATO DE MEDO
8+10+6
24
CATRO MEIGAS
9+8+6
23

























Gracias a todos por participar, esperamos os vosos relatos para próxima edición


 RELATO GAÑADOR DA EDICIÓN DESTE ANO
NUNCA TE RÍAS DOS DEFUNTOS
Sheila Díaz Silveira


        
          NORABOA! SHEILA