martes, 13 de setembro de 2016

Intruccións do 01-09-2016 para a Organización e Funcionamento das Bibliotecas do curso 2016-17


http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_be_1617_def.pdf

luns, 6 de xuño de 2016

PREMIOS LITERARIOS. PREMIOS XERAIS 

                               
O sábado 4 de xuño de 2016 resolvéronse os Premios Xerais na Illa de San Simón (Redondela). Na XXXIIIª edición do Premio Xerais resultou gañador Manuel Esteban coa novela A ira dos mansos, na VIIIª edición do Premio Jules Verne de literatura xuvenil Iria Misa con Xa non estou aquí e na XXXIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil David Pérez Iglesias con Todo o tempo do mundo.
A escritora Ledicia Costas, quen recibirá o próximo venres o Premio dos Clubs de Lectura, foi a mantedora literaria do acto, co discurso Todas as constelacións do mundo, que dedicou á Xeración Lamote por abrir o camiño da esperanza, lembrando a súa experiencia como lectora dende cativa.

martes, 10 de maio de 2016

Actividades

Actividades Letras Galegas

Este luns, 9 de maio, o Concello de Tordoia invitounos a unhas actividades sobre as Letras Galegas que se celebraron na Casa  de Cultura  a cargo do grupo EDUVÍA ( Patricia e Óscar). Dividíronos en equipos, cada un co nome dun escritor homenaxeado nas Letras Galegas ( María Mariño, Castelao, Rosalía , Manuel María..)e comezamos a xogar con distintas probas que fomentaban a nosa creatividade.






mércores, 6 de abril de 2016

Un libro, unha aventura

 TODOS OS DÍAS SON O DÍA DO LIBRO
PARA FOMENTAR A LECTURA


UN LIBRO, UN AMIGO 23 DE ABRIL
on PhotoPeach 

martes, 5 de abril de 2016

Concursos


1º CONCURSO DE MICRORRELATOS

Microrrelatos gañadores:


  1ºpremio                                                 Lidia Domínguez González (4º ESO)

Ía vela todos os días a aquel lugar tan triste. A aquel lugar tan cheo de homes e mulleres_ que eu imaxinaba felices_  Sentábame a carón dela e líalle o seu libro favorito, "Donde los árboles cantan", fixera frío ou calor. Nunca me dicía nada, pero eu sabía que sempre me escoitaba, aínda que moitas veces me entristecía ver que non a podía acariñar nin bicar.
           _ Aínda non espertou?_ preguntábame cada día o home que limpaba o cemiterio. 
            _ Hoxe non. Pero teño o presentimento de que mañá si _ contestáballe eu cada día.

                                                                 
                                                                   Carla Cancela Costa (1ºESO)
2º premio
Ella y él, dos enamorados en su luna de miel. Lástima que pronto aparecieron las discusiones y los bofetones. Él la convirtió en un triste número más y a nadie le importó. ¡Qué hipocresía!


                  Entrega de premios ás gañadoras
A profesora de Lengua, Susa, entrega os premios na Biblioteca ás dúas gañadoras, Lidia e Carla.

Noraboa ás dúas e moitas grazas por participar.