venres, 3 de abril de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

RICARDO CARBALLO CALERO

DON RiDardo é un recurso educativo creado polo mestre David Rial en colaboración co Seminario Galán e o ilustrador Carlos Gallego, e que ten como obxectivo coñecer a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

A proposta consiste, en primeiro lugar, no visionado do vídeo biográfico elaborado polo alumnado de 5º de Primaria co fin de coñecer unha morea de datos relacionados co autor e a súa obra.

Deseguido, podedes xogar a DON RiDardo, o xogo, no cal se inicia unha partida de dardos formada por dez tiradas. En cada unha delas formúlase unha pregunta con tres opcións, das cales unha é correcta e dúas non. Ao acertar, o tirador fai diana no centro.

Rematados os lanzamentos o xogo ofrece tres posibles resultados:

  • De 0 a 4 acertos: Algo non vai ben!
  • De 5 a 7 acertos: Non está mal, peeeeero…
  • De 8 a 10 acertos: PRO FE sio nal!
BÓTALLE UNHA OLLADA E DESPOIS XOGA


MÁIS ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS, seminariogalán

LETRAS GALEGAS 2020- CARBALLO CALERO. 
                                                           actividades RAG

sábado, 29 de febreiro de 2020

Día da muller na ciencia




EL CÓMIC- CIENTÍFICAS, se queres lelo pincha aquí

mércores, 19 de febreiro de 2020

luns, 25 de novembro de 2019











CONCURSO DE samaín
  RELATOS DE MEDO
Bases
-Poderán participar todos os alumnos de eso en dúas categorías:
Ø 1º ciclo- 1º e 2º de eso
Ø 2º ciclo- 3º e 4º
-TEMA:o medo, baseándose en lendas , contos e supersticións  galegas.
-Os relatos deben ser orixinais (en galego).
- Presentaranse escritos a máquina cunha extensión mínima dunha cara.
-Debe levar unha portada onde figure: unha imaxe referente ao tema do relato, o nome do alumno/a e o curso.
-Prazo de presentación: ata o 31 de outubro.
-Lugar de presentación: na Biblioteca.
- Por correo electrónico     amalia@pecalama.org
  

     Animádevos a participar!










RECURSOS PARA O SAMAÍN   ⏪pincha no título

Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.
Aquí tendes todo tipo de recursos á vosa disposición para traballar esta festa.


Resultado de imaxes para indo para samainRELATOS E CONTOS SOBRE O SAMAÍN. LEOS SE TE ATREVES
-SAÁ, S. DE: Samaín. Col. Plis-Plas, 6 . Editorial Radio Galega, Pontevedra, 2000.
-FARRÉ, LL., BABARRO, X. e BALAGUER, M.: Boas noites, Victor. Editorial Combel, 2000.
-ALCÁNTARA, R., RODRÍGUEZ PÉREZ, X. C.e GUSTI: Tento e mailo medo. Editorial Tambre/
Resultado de imaxes para o monstro da chuviaEdelvives, 2001.
-ALEIXANDRE, M. e AMARGO, P.: O Monstruo da chuvia. Editorial SM, Madrid, 2003.
-CARREIRO, P.: Os bolechas teñen medo. Editorial A Nosa Terra, 2000.
-MARTÍNEZ, R. e COUTO PALMEIRO, X.: Gato Guille e os monstros. Editorial Kalandraka, 2000.10

-LABRAÑA, C. e LABRAÑA, S.: Indo para o Samaín. Editorial Everest Galicia, León, 2002.


CHEGA O SAMAÍN

O 31 de octubro  celébrase O Samaín, unha festividade que ten  raíces  celtas e que aínda se organiza en Galicia, Asturias ou León.




 Os celtas elixían esa data como "día de transición" entre o verán e a estación sombría, o inverno. A festividade coincidía coa reducción progresiva de horas de luz, e servía para festexar o fin da tempada da colleita.Durante este día, os pobos celtas crían que a fronteira entre os vivos e os mortos esvaecíase, polo que espíritos, benévolos ou malignos, podían regresar ao mundo. Para espantar aos malos espíritos, utilizaban vestimentas e máscaras que recordan aos disfraces que utilizarán moitos durante a noite de Halloween, ademais de ofrecer ofrendas aos defuntos. Unha idea similar á que tiñan os pobos indíxenas de Latinoamérica para celebrar o rencontro entre os vivos e os mortos en datas como esta.


COCO

 O Samaín  segue celebrándose en moitos pobos de Galicia, Asturias ou León. Eses días moitos nenos na zona pontevedresa de Arousa saen a pedir o aguinaldo, un costume similar á popular fórmula anglosaxona do "truco o trato". Na conca mineira asturiana, pola contra, a sidra doce acompañará a festa celta para honrar aos defuntos; mentres que en moitos pobos do Bierzo  organízanse magostos para asar castañas, como é tradicional durante o outono.
os magostos, magüestus o castanyadas, en función da rexión na que nos encontremos, contan cunha relación clave nos pobos celtas, que crían que por cada castaña consumida,  liberábase unha alma. Así, arredor do lume  reúnense  familias e amigos para asar castañas  .
 O Samaín celta -tamén coñecido como Samhaín- realizou unha viaxe de ida e volta desde territorios europeos ata Norteamérica para regresar de novo na actualidade. Segundo a lenda de Breogán, foron os antepasados galegos os que conquistaron Irlanda. Os irlandeses, co seu éxodo masivo a EEUU no século XIX, tamén meteron nas maletas os seus costumes, e un deles era o Samaín celta. De feito, a palabra Halloween procede da contracción ‘All Hallows’ Eve’, que significa “víspera de Todos os Santos".

A celebración do Samaín garda ademais unha estreita relación co Día dos Mortos que se celebra en México. Segundo Manuel Alberro, da University of Wisconsin-Madison, durante ese día "ninguén podería sorprenderse se espertara no medio da noite e encontrara os seus familiares defuntos sentados arredor do lume do lar". Os mortos, autorizados a deambular polo mundo dos vivos, regresaban ocasionalmente ao  abrirse a porta entre a vida e o máis alá.
 A estación sombría para os celtas é unha noite de festa  enraizada na nosa  cultura e orixes.

https://hipertextual.com/2016/10/halloween-samain