venres, 24 de outubro de 2014


Mostrando ANAGRAMA COR baixa.jpg

             MES DA CIENCIA                                                                                                                                                  




Xincana_fichas_biograficas from marelatarabela
Máis material cintífico publicado na páxina da Xunta, neste enlace
 http://www.edu.xunta.es/biblioteca/ciencia/

sábado, 18 de outubro de 2014

              LECTURAS MATEMÁTICAS
      para os que non gustan das matemáticas



La recta y el punto, de subtítulo Un romance matemático, de Norton Juster publicado por Fondo de Cultura Económica, é un clásico escrito en 1963... case nada!Como o amor non ten fronteiras, unha liña namorada dun punto moi chulo decide facer de todo para conquistar o corazón deste...e fai marabillas! Para mostra, unha imaxe: 






EL TEOREMA DEL LORO
teoremaloro.png
“El teorema del Loro” teata de nos entreter e enriquecer a través dun repaso á historia das matemáticas. Toca temas tan importantes como o coñecido teorema de Tales poñendo como exemplo a súa aplicación ás pirámides exipcias ou a obtención das diferentes curvas cónicas ao cortar un cono con diferentes planos. É curioso o relato da aparición de signos matemáticos que utilizamos habitualmente, como o signo igual, o da suma e resta, as incógnitas ou incluso os números e máis tarde o cero.
Fálanos da importancia dos matemáticos árabes, pais dos polinomios, ecuacións, raíces, e a aparición da trigonometría. Tamén relata a resolución de ecuacións de terceiro grao e a imposibilidade de resolver ecuacións de quinto grado por radicais. Como curiosidades narra a orixen do número imaxinario i  e dos números trascendentes π ó e.
Repasa a obra de grandes matemáticos como Pitágoras, do que destaca a obtención da media aritmética, xeométrica e armónica, e por suposto, o seu famoso teorema, do que como consecuencia se fai a distinción entre os números racionais e os irracionais.
Un dos temas centrais é a presentación e explicación de tres problemas da antigüidade: a cadratura do círculo, o duplicado do volume dun cubo, e a trisección dun ángulo.
Desenvolve dúas conxeturas coas que a investigación matemática chega ao seu cume: a conxetura de Fermat e a conxetura de Goldbach.

             LEE A JULIO VERNE  de SUSANA MATAIX

susanamataixCristina é unha moza un un pouco toleirana que vive soa en Madrid aíndaque depende  de seus pais. Despois duns meses sen recibir cartos, seu pai decide retala cun criptograma. Só se o resolve volverá a obter aporte económico. Para iso, tivo que ler libros de Jules Verne e fíxoo coa axuda de Beatriz, unha amiga. Neste proceso, empezou a sentir curiosidade pola criptografía e as matemáticas.
No seu segundo reto coñeceu a Alejandro e este  proporciónalle a axuda para resolver o enigma sobre o número e, gracias ao cal empezaron a sentir una atracción entre eles.
No terceiro reto descobre a clave RSA e as relacións entre os números primos gracias a un matemático amigo de Alejandro,  así encontra a súa gran paixón polas matemáticas.

Sobre as matemáticas da novela:
A peza clave na novela é a criptografía. A criptografía é a arte de escribir con clave secreta ou dun modo enigmático. No desenvolvemento das técnicas de cifrado que se analizan neste libro aparecen referencias a certos conceptos matemáticos.
   http://innovacioneducativa.upm.es/pensamientomatematico  
                                                        Autor: Paolo Giordiano

Título: La soledad de los números primos

Editorial SALAMANDRA (2009)
288 páxinas
PVP: 16 €


ARGUMENTO
Esta é a historia de Mattia e Alice, dous seres únicos, marcados desde a infancia por unha traxedia. Alice por un accidente de esquí que a deixará coxa de por vida. Mattia por abandoar á súa irmá xemelga. Alice non come, é anoréxica. Mattia autolesiónase.Mattia,un genio matemático. Alice,sen unha vocación definida. 

Seres diferentes, moi diferentes a todos os que os rodean e iso só pode determinar unha cousa; que sexan rexeitados polos demais e que eles mesmos rexeiten o mundo que os rodea:«Pasaron os anos do instituto como de puntillas, rexeitando el o mundo, sentíndose ela rexeitada polo mundo, o que a fin de contas terminou por parecerlles o mesmo. (Páxina 111)



                                   

domingo, 12 de outubro de 2014



Malala Yousafzai (en pastún ملاله یوسفزۍ, nacida o 12 de xullo de 1997 en Pakistán) é  unha estudante, activista e bloguera pakistaní. No 2012 sufriu un atentado por parte dos talibáns cando ía no autobús escolar onde recibiu disparos na cabeza . Despois da súa recuperación seguiu loitando polos dereitos das mulleres e polo acceso á cultura universal

l.

Patrick Modiano, Premio Nobel de Literatura 2014

Premiado segundo a Academia Sueca: «Pola arte da memoria coa que  evoca os máis inasibles destinos humanos».

modiano_postcardPatrick Modiano nace en Boulogne-Billancourt o 30 de xulio de 1945. Fillo dunha actriz belga e dun home de negocios italiano, criouse entre Jouy-en-Josas e a Alta Saboya. As ausencias repetidas de seus pais achegárono a seu irmán maior, Rudy, que morre á idade de dez anos. Tras aprobar a selectividade, decide dedicarse plenamente á escritura. As súas primeiras obras xiran en torno á ocupación nazi e o colaboracionismo (El lugar de la estrella, galardonada co Premio Roger Nimier e o Premio Fénéon, La ronda de noche y Los bulevares periféricos). En 1978 outórganlle o Premio Goncourt por La calle de las tiendas oscuras, unha novela ambientada na  Segunda Guerra Mundial, e en 1984 recibe o Premio da  Fundación Pierre de Mónaco polo conxunto da súa obra. En castelán, entre outras, publicáronse: Domingos de agosto, Viaje de novios, El rincón de los niños, Las desconocidas, Dora Bruder yJoyita.


xoves, 25 de setembro de 2014




Agora, da man de Pinto e Chinto, volvemos una atopar uns personaxes universais no álbum O estrambótico Principino, Publicado por Bululú. É O Rei, o que un día foi Principiño, quen nos conta O que REALMENTE sucedeu.









A volta do xove Príncipe
Roemmers, Alejandro Guillermo

Este libro lémbranos as cousas que son realmente importantes na vida.

O amor, a familia..., e, en definitiva, todos os valores que fan a nosa existencia máis humana. Un libro para todas as idades, sinxelo e poético.






Dragal III


A fraternidade do dragón

Elena Gallego Abad (Autor/a)

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
Os membros da Fraternidade de Dragal xa iniciaron o seu regreso co fin de cumprir co xuramento de sangue que fixeron os seus devanceiros na época medieval. Para que a profecía se cumpra, os sete cabaleiros teñen que reunir as claves da Ciencia Secreta na cripta do dragón e pechar o círculo da vida. Á media noite da primeira lúa chea do equinoccio de primavera, a luz da lúa penetrará na cripta do dragón para coller a súa barca funeraria e descender ao reino dos mortos, brindando unha promesa de resurrección co abrente. Será daquela, no momento en que a luz da lúa chea se bañe no interior do ovo alquímico, cando se perpetuará a estirpe do dragón. Visita interiora Terrae rectificando invenies occultum lapidem…

Recinto Gris

Ledicia Costas (Autor/a)

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.

Ámote Leo A. Terminal de... chegadas?

Rosa Aneiros (Autor/a)

INFANTIL E XUVENIL>MILMANDA
Premio Irmandade do Libro ao Mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014
«Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza. O roubo e as cascudas de Barcelona. A saia de tule de Praga. O piso do Trastévere. O Gran Canal de Venecia. O incendio da Alhambra nos ollos. O cheiro das xardas asadas de Eminonu. A mirada triste de Zerdali na Capadocia. As cobras da praza Djema-El-Fna. E, inseparable a todas as lembranzas, esa misteriosa mensaxe que aparece nos recantos máis insospeitados dos lugares que visita: Ámote Leo A. Pero esta madrugada do 11 de maio a Leo tanto lle teñen as pintadas, a morriña do vivido ou os soños aínda por cumprir. Só devece por regresar á casa. En cambio, unha sucesión de acontecementos inesperados fará que a súa vontade dea varias voltas sobre si mesma ata deixala ao bordo do precipicio. Deberá decidir entón se se atreve a dar o gran salto cara ao descoñecido. Claro que isto poñería a súa viaxe patas arriba e podería conducila ao máis alto dos seus desexos ou ao máis escuro dos abismos… Que fará Leo nesta encrucillada? Cumprirá o seu propósito de chegar á casa o 8 de xullo, tal e como prometera? Recuará sobre os seus pasos, ou asomarase ao precipicio dun novo e inesperado destino? Terminal de… chegadas é a terceira e última entrega da triloxía Ámote Leo A. Logo de Destino xalundes e Estación de tránsito, a moza solta os derradeiros lastres que lle quedaban e camiña sen cargas por un mundo no que se borraron todas as fronteiras. Seis meses, seis mil euros, e nada parece ter agora importancia. Tan só resta por saber unha cousa: regresará Leo algún día?
º-. Xurxo Souto, Contos do mar de Irlanda, Xerais.
2º-. Agustín Fernández Paz, A viaxe de Gagarin, Xerais.
3º-. Pemón Bouzas, A voz do vento, Xerais.
4º-. Virginia Woolf,  Orlando. Unha biografía, Irmás Cartoné.
5º-. Alfredo Conde, Chovida do ceo, Xerais.
6º-. Miguel Anxo Murado, Escrito en cafeterías, Galaxia.
7º-. Suso Lista, Salseiros, Embora.
8º-. Ramón Vilar, Os televisores estrábicos, Xerais.
9º-. Lidia Gómez, Os pantalóns nunca foron cousa boa, Biblos.
10º- Manuel Gago e Manel Cráneo, Vento e chuvia. Mitoloxia da antiga Gallaecia, Xerais.