Malala Yousafzai (en pastún ملاله یوسفزۍ, nacida o 12 de xullo de 1997 en Pakistán) é unha estudante, activista e bloguera pakistaní. No 2012 sufriu un atentado por parte dos talibáns cando ía no autobús escolar onde recibiu disparos na cabeza . Despois da súa recuperación seguiu loitando polos dereitos das mulleres e polo acceso á cultura universal
l.
Patrick Modiano, Premio Nobel de Literatura 2014
Premiado segundo a Academia Sueca: «Pola arte da memoria coa que evoca os máis inasibles destinos humanos».
Patrick Modiano nace en Boulogne-Billancourt o 30 de xulio de 1945. Fillo dunha actriz belga e dun home de negocios italiano, criouse entre Jouy-en-Josas e a Alta Saboya. As ausencias repetidas de seus pais achegárono a seu irmán maior, Rudy, que morre á idade de dez anos. Tras aprobar a selectividade, decide dedicarse plenamente á escritura. As súas primeiras obras xiran en torno á ocupación nazi e o colaboracionismo (El lugar de la estrella, galardonada co Premio Roger Nimier e o Premio Fénéon, La ronda de noche y Los bulevares periféricos). En 1978 outórganlle o Premio Goncourt por La calle de las tiendas oscuras, unha novela ambientada na Segunda Guerra Mundial, e en 1984 recibe o Premio da Fundación Pierre de Mónaco polo conxunto da súa obra. En castelán, entre outras, publicáronse: Domingos de agosto, Viaje de novios, El rincón de los niños, Las desconocidas, Dora Bruder yJoyita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario