Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic 2013

O xurado destacou o carácter poético da súa obra, a mestura de realidade e soño, a memoria e o esquecemento, e a súa mestría técnica no uso da cor.
O premio, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros e o distingue a mellor obra desta especialidade
publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano 2012.
Miguelanxo Prado
(A Coruña, 1956) iniciou a súa traxectoria colaborando en revistas como
«Creepy», «Comix Internacional» e «Zona84». En 1985, publicou «Fragmentos da Enciclopedia Délfica»,o seu primeiro álbum en solitario, ao que seguiría «Stratos», en 1987. Realizou a serie «Quotidiania Delirante» para a revista satírica «El Jueves».
En 1990 publicou o seu álbum máis recoñecido, «Trazo de tiza», co que obtivo repercusión internacional.
Outros álbumes seu son: «Stratos» ou «Tangencias».

O autor galego leva recibidos numerosos premios, tanto nacionais como internacionais, que o recoñecen como un dos grandes a nivel europeo. Dirixe o salón do cómic Viñetas desde o Atlántico desde 1998.
O 28 de novembro de 2009, Miguelanxo Prado ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario