ANIMACIÓN Á LECTURA
Poñemos en marcha unha actividade no colexio para que vos animedes a ler e a compartir as vosas lecturas cos demais. No taboleiro de entrada deixamos uns recortes dos nosos libros favoritos co título e o autor para que alguén se "enganche" e queira saber o que pasa, e para iso ten que pedir o libro na biblioteca do "cole".No taboleiro hai recortes e a portada de algún dos seus libros máis lidos, Só tes que coller unha tira e vir buscalo .
Anímate a ler e a participar coas túas colaboracións, seguro que hai algún libro que che gustou e queres compartilo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario