martes, 1 de abril de 2014

Paseo pola natureza

                                Paseo pola natureza cos alumnos de Primaria

No outono cos nosos chuvasqueiros e botas, saímos ao bosque para obsevar e recoller mostras das árbores do noso entorno: piñeiros, acivros, carballos,castiñeiros, salgueiros, bidueiros... Tamén vimos cogomelos, liques que medraban nos toros das árbores, e algo moi curiosos que nos explicou a profesora de Ciencias: o bugallo, unha boliña que agromaba da tona dun carballo,e que agochaba dentro os ovos dunha avespa. Regresamos ao colexio cos pés un pouco mollados pero moi contentos coas mostras das árbores do nosos bosque.

Ningún comentario:

Publicar un comentario