CONCURSO
DE RELATOS SAMAÍN 2014
RESULTADO DAS VOTACIÓNS
A peor noite de Samaín 1ºESO
|
3
|
||
A miña casa encantada 1ºESO
|
5
|
||
A casa encantada 1ºESO
|
3
|
||
Noite estraña no cemiterio 1ºESO
|
9
|
||
En modo zombi 1ºESO
|
4
|
||
A noite de Samaín 1ºESO
|
4
|
||
A casa embruxada 1º ESO
|
3
|
||
Un día
moi raro 1ºESO
|
3
|
||
Noite de meigas 2ºESO
|
6
|
||
Unha clase terrorífica 2ºESO
|
5
|
||
Historia da casona 2ºESO
|
10
|
||
O misterio das castañas 2ºESO
|
12
|
||
Samaín 2ºESO
|
4
|
||
Lendas mariñeiras 2ºESO
|
12
|
||
A séptima
irmá 2ºESO
|
13
|
||
Sombras do pasado 2ºESO
|
15
|
||
Pacto de norte 3 ºESO
|
14
|
||
A boneca
de trapo 3ºESO
|
9
|
||
Puntuado do 1 ao 5
1º PREMIO:
Sombras do pasado
2º
PREMIO: Pacto de morte
|
Sombras do pasado
ANTÓN, home de ben, serio e traballador, non tivera máis remedio que ir de
servinte para as Salgueiras, certos señores precisaban dunha persoa na súa
granxa e el por mor a que o comera a miseria, ofreceuse. Regresaba ao seu lar
cada quincena e xeralmente facíao ao anoitecer, para non perder de traballar.
Esa noite non fora coma outras que tornara, chovía e facía un frío de mil
demoños. Sen embargo viña alumeado pola Lúa, mais notaba que non viña só, que o
perseguía algo, o que?, non o sabía. Se el se detiña, aquela cousa tamén o
facía, se el apuraba o paso notaba nas súas costas un vago alento estraño que
se quería facer notar.
Cada vez estaba máis medorento, e non tiña de
que valerse, nin sequera unha vara coa que se defender. De socato, ao lonxe,
avista unha luz, unha luz que semellaba que lle facía sinais a seguila. Antón,
tremendo de medo e empapado en suor, estaba a seguir aquela claridade. Camiña
que ti camiñaras sente que se vai afastando do verdadeiro camiño de volta a
casa.
Inconscientemente aquela estraña luz íao
levando a un Campo Santo; a claridade tíñaa de fronte. Tremendo de medo e
abaneando como unha vara verde entra no adro dunha igrexa, olla os cadaleitos
abertos, sen ninguén dentro, agás unha vaga néboa abalándose. Silandeiros
vagaban os esqueletos polo adro da igrexa, camiñando sen presa e sen rumbo,
pero Antón, arrepiado, repara no desacougo dun deles, que afastado dos demais e
coa cabeza agochada, semellaba que chamaba por el... Aquela luz feble xa
desaparecera.
Antón foise achegando a el en busca dunha
resposta, mais de repente detívose, ao darse conta de a quen pertencía aquel
corpo. Era Manuel, o de Vilas, o seu compañeiro de troulas, morrera aforcado no
alpendre da súa casa non facía moito tempo. Acusárano da morte de Florinda, a
muller do concelleiro, e naquel entón contárase que fora por unha lea de saias.
A dicir a verdade era moi boa moza. Aparecera morta ao abrigo dun valo, aberta
de arriba abaixo e coas vísceras fóra coma se dun porco se tratase. Mais Antón
sabía moi ben quen cometera aquel crime, agora comezaba a entender o absurdo de
toda aquela noite. El sabía quen matara a Florinda, pero nunca considerou en
falar, pois sabía que se o facía era home morto.
Antón ía saír do adro, xa sentía os calzóns
algo húmidos; aquilo saírase do normal, mais sentiu unha friaxe nas costas. Xa
tremendo de medo, cos pelos tesos coma espiñas e o corazón estoupándolle no
peito presentiu como se algo lle tocase no ombreiro, deu a volta, e viu a
mirada baleira e suplicante de Manuel; unha caveira cos ósos abaneando na que
só se vían uns ocos frondosos e sen fin, pregando xustiza.
Antón marcha do adro como levado polos demos
e guiado polo alumear da Lúa, encamíñase dereitiño a casa. Aquela noite lucíralle
moito, chegou a súa casa e nin palabras tivo para dedicarlle a súa familia, marchou
dereitiño para a cama, buscando a maneira de lle axudar a aquela alma en pena
que vagaba sen descanso polo cemiterio.
Ao amencer do día seguinte, Antón escribiu un
anónimo con toda a verdade. Foino entregar a caixa do correo para a garda
civil. Era o menos que podía facer, agora só cabía esperar. Só esperaba que o
culpable, o fillo do alcalde, pagara por aquel crime... Aínda non era de todo
tarde.
Abel Romero Lamas 2ºESO
Pacto de morte
Sempre sentín que non había perigo ,que a vida era longa, que con só 10
anos nada nin ninguén me podía facer mal, que ningunha enfermidade me podería coller e que sería eterna, pero
estaba enganada.A todos nos chega a hora
na que nos vamos, na que a morte nos
alcanza, intentar escapar é un gran erro, e se non estás seguro ,escoita a miña
historia atentamente.
Tan só tiña 10 anos cando caín enferma nunha enfermidade que para os
médicos era descoñecida. Pasaba os días na cama sen poder moverme e sentía
pouco a pouco como a miña enerxía diminuía , vendo como as horas e os días
pasaban e todo seguía igual ,sen mellorar nada e achegándome máis e máis ao
fin. Non entendía por que me pasaba iso a min mentres os meus compañeiros estaban fóra xogando e
rindo, con 10 anos debería ter toda unha vida por diante e non ver o final tan
cerca. A sorte non estaba do meu lado e Deus tampouco. Pero unha noite, aconteceu
algo que o cambiaría todo, para ben ou
para mal.
Foi raro e sinistro á vez, era un soño , pero era real. Había unha sombra e
unha luz ,estaba avanzando cara a luz, cando a sombra me freou. Entón puiden
ver o seu aspecto , eses ollos que semellaban roxos, ese sorriso tenebroso e
esa sensación inqueda que tiña. Parecía un home, pero podería ser un demo. Nese
intre,díxome:
-Escoitei que a vida foi
inxusta contigo, que tes unha enfermidade incurable e que se che acaba o tempo.
Ben, pois eu podo axudarte, podo facer que esa enfermidade desapareza para
sempre. Ti soamente tes que prometerme que cando a morte veña a por min, deixarás
que te leve no meu lugar.
O home colleu unha daga e fixo un corte na palma da man, e despois
ofreceume a min a daga e a súa man. Como
estaba desesperada aceptei ,sen pensar no que eu tería que cumprir algún día. E
así recupereime milagrosamente, e tiven anos de alegría, sen recordar que tiña
un pacto co home do soño. Pero todo o bo acaba, e logo a morte quixo levar o
meu amigo. Era un venres e estaba a punto de anoitecer cando alguén petou na
miña porta, abrina e recoñecín de contado o home do pacto que me dixo que a
morte xa viña e a morte apareceu
dicíndome:
-Fixeches un pacto e agora
virás ti comigo en vez del, por non ir na túa hora.
Con valentía dixen:
-Morrerei tan cedo ,por tan
só querer vivir?
A morte asombrada, quedou pensativa
e finalmente dixo:
-Como es unha rapaza valente ,só te
avisarei. Só eu xogo cos mortos e cos vivos.Se xogas cos mortos,acabarás
morrendo.
E unha luz iluminouno todo, deixándome soa, e cando mirei para o meu brazo
decateime de que a ultima frase que dixera estaba escrita na miña pel, de forma
que nunca a esquecería, xa que sempre a levaría comigo.
Paula Pallas Otero 3º ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario