Fai uns días visitou o noso colexio un enviado do proxecto IgualaR. Nas dúas sesións da charla que nos dou falounos da violencia de xénero e as súas estatísticas en España nos últimos anos. Nestas dúas sesións fixemos o vídeo que deixamos anteriormente e vimos proxectos xa realizados por outros colexios. Aprendemos que nunha relación sa de parella débese ter respecto mutuo e que unha relación non se debe basear no medo.
E aquí un enlace das estatísticas da violencia de xénero en adolescentes nos últimos anos:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2010/07/07/actualidad/1278453608_850215.html
Ademais fixemos uns exercicios para aprender a confiar nas persoas que temos ao redor.
Aquí unhas fotos destes dous días:
O primeitro día da charla na presentación.
Algunhas das probas que fixemos para o vídeo.
Nerea Castro Castro, Sheila Mª Parafita Rey, 3º ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario