NORABOA YAIZA!!
O grupo de divulgación científica DIVULGATA da Universidade de Vigo publicou un libro coa selección dos mellores relatos que participaron no 8º Concurso de Relatos curtos
Ciencia que conta 2015-2016, entre eses relatos está o da nosa
Yaiza Mata Uzal.
A Gala de Entrega de Premios e a lectura da Acta do Xurado tivo lugar o 7 de maio de 2016, a partir das 17 h, na sede da Fundación Barrié en Vigo.
Este é o seu relato:
Chámome Alexander Fleming
Yaiza Mata Uzal
CPI Pecalama (Tordoia)
Son Alexander Fleming, un científico británico. Estamos no ano
1928. Teño 47 anos. Estou realizando unha observación dunhas bacterias
de estafilococo, unhas bacterias que producen unha enfermidade.
Hoxe marcho de Londres e volverei dentro dun mes, aproximadamente.
Irei a unha exposición de inventos e similares en Francia.
Xa cheguei a Francia e agora mesmo estou desfacendo a equipaxe.
Tan pronto acabe vou directo cara á exposición.
Que marabilla! Cantos inventos! Este lugar é perfecto para min!
Aquí estou rodeado da maquinaria que a min me gusta!
Cada invento ten unha pequena placa debaixo na que pon o invento
que é, quen o inventou, onde e en que ano. Agora estoulle botando
unha ollada a un barco de vapor feito por Robert Fulton, en 1907,
nos Estados Unidos. A seguinte cousa que vexo é unha locomotora
de vapor, feita por George Stephenson no ano 1825, en Inglaterra.
Ai! Este tipo de avances no transporte axudan moito na economía
dun país, porque permite venderlle a outro país mercancías!
Outro invento que hai é unha máquina de escribir mecánica feita
por Christopher Latham Sholes, nos Estados Unidos no ano 1867.
Hai moitas outras cousas como, por exemplo, un teléfono, un gramófono,
unha cociña eléctrica
Xa pasou un mes. Creo que vai sendo hora de volver á casa, aínda
que se por min fose quedaría máis tempo
Xa cheguei a Londres e xa desfixen as maletas. Nos seguintes días
dedicareime a descansar. Pasados estes dous días volvo ao traballo. Diríxome
ao soto do laboratorio do Hospital St. Mary (pois é alí onde
eu traballo). Entro no soto e vexo todo tal e como o deixara: os libros
enriba da mesa, o encerado cheo de fórmulas, papeis ciscados por encima
da mesa, unha mostra de bacterias de estafilococo xunta á fiestra,
a cal estaba aberta Espera! Algo non me cadra!
Bótome a correr cara a aquela mostra e vexo que se contaminou.
Estou apampado! Vexo que apareceu mofo e arredor dese mofo, a un
64 Ciencia que conta 2015/2016
raio de máis ou menos 3 mm non hai ningunha outra bacteria, pero a
continuación deste raio xa aparece máis mofo coa condición do raio.
Cheo de curiosidade poño esa mostra debaixo do microscopio e
descubro que o raio que rodea o mofo é unha substancia segregada
polo fungo Penicillium que matou as bacterias do estafilococo que había
dentro dese raio. Ocorréuseme se se podería utilizar ese fungo como
antibiótico contra estas bacterias e poder curar os enfermos delas.
Pasado un tempo perdín un pouco a confianza de se sería posible usalo
como antibiótico. Con todo pedinlles axuda aos meus compañeiros
universitarios para que investigasen se se podía levar a cabo. Finalmente
se podía ser usado dese xeito, entón probámolo con persoas!
Foi un completo éxito!
98 anos despois…
Son un médico. Gústame moito o meu traballo, pois por incrible
que pareza salvou moitas vidas grazas a unha cousa chamada antibiótico
que varios anos atrás creou un señor chamado Alexander Fleming.
«ÁS VECES UN REALIZA UN DESCUBRIMENTO CANDO NON
O ESTÁ BUSCANDO» (Alexander Fleming).
Ningún comentario:
Publicar un comentario