martes, 25 de outubro de 2016

Arqueoloxía

Descobren un 'santuario' nuhna cova vizcaína con 70 pinturas rupestres de hai 14.000 anos .
Resultado de imaxes para cova de atxurra

  • ÁLVARO RUIZ  
  • Bilbao   (El  Mundo)
  • 24/05/2016
     Un equipo arqueolóxico da Deputación de Bizkaia atopou na cova de Atxurra, en Berriatua (Bizkaia), un santuario que contén 14 paneis con arredor de 70 grabados de animais do paleolítico superior. Unhas figuras, dominadas por cabalos e bisontes, que en concreto pertencen ao período magdaleniense medio/superior de entre 12.500 e 14.000 anos. "É un achádego moi importante" salientou  o arqueólogo Diego Garate, que descubriu as pinturas xunto ao espeleólogo Iñaki Intxaurbe.
    A cova de Atxurra, que permanecerá cerrada, foi excavada como xacemento arqueolóxico por José Miguel de Barandiarán en 1934 e é moi coñecida polos espeleólogos da zona. Sin embargo, os grabados rupestres no foran descubertos ata agora porque se atopan nunhas perigosas repisas. Estas salas están situadas a uns catro metros de altura do solo nunha galería que está a case 300 metros da entrada e á que se accede tras pasar arrastrándose por unha gateira. Ademais, as figuras dos animais non son fáciles de ver ao ter desaparecido a maioría dos pigmentos negros, posiblemente carbón, e quedar os raspados nas pedras, feitos con ferramentas de sílex.

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario