LÍRICA POPULAR
REFRÁNS
O que de novo non
aforra un misto, de vello non ten un cristo.
O que de mozo non
traballa, de vello dorme na palla.
Fachenda na casa,
fame na praza.
Ano de herba, ano de
merda.
Sogros e porcos só
son bos despois de mortos.
O que sementa antes
de santa Catalina, moita palla e pouca fariña.
No mes de San Xoán,
pícanlle as pulga no rabo ao can.
O amor é lume, pero
nel non ferve o caldo.
Nos Santos, neve nos
altos; no San Andrés, neve nos pes.
No mes de Santos e
Defuntos mata os teus porcos e vai facendo o caldo cos untos.
Do rapo a rabola, que veña o demo e que escolla.
Aire de Suan, auga na man.
(leste)
Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
Aire de Suan, auga na man.
(leste)
Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
O
carballo da Portela
abanea mais non cae,
así fai a boa nena
se se guía por seu
pai.
Miña nai, miña
naiciña,
como miña nai
ningunha,
que me lava a cariña
coas bagüiñas da súa.
coas bagüiñas da súa.
está recollendo no
gando,
fálalle con moito
xeito
que ten un xenio moi
malo.
polo furado da porta
ti goberna a túa vida
que a miña nada che importa
Que ben fixeron teus pais
en facerche costureira,
cando chove non te mollas
e se quenta o sol non te queimas.
ADIVIÑAS
Anda e non ten pes,
come e non ten boca,
e toda a comida lle parece pouca.
Son branca como a neve,
e doce como o mel,
eu alegro os pasteis,
e o leite co café.
Ningún comentario:
Publicar un comentario