Un bautizo singular.
“Un bautizo singular” é unha novela de Carlos J. Server,
que trata sobre o bautizo dun rapaz do que non se sabe quen é o pai. Mentres
lemos esta comedia ocorren situacións moi divertidas que nos fan rir e ó mesmo
tempo intentar buscar a solución do misterio.
É unha historia
humor na que abundan os malos entendidos, as sospeitas, os comentarios
mal intencionados, convertendo un simple
bautizo nunha historia rocambolesca. Clara López Casas 2ºESO
MEMORIAS DE TRISTÁN SALDAÑA Beatriz Berrocal
Tristán
é un rapaz moi pouco sociable que se ve obrigado a ir a un campamento de verán.
Polo camiño coñece a un rapaz inglés que non fala español. Cando chega debe
compartir habitación cuns nenos máis novos ca el. O primeiro que fai e
poñerlles a todos un alcume, que é o que máis lle gusta. Nas primeiras noites
os seus compañeiros non paran de facer ruído, aínda que iso vai parando segundo
aumenta a súa amizade. No campamento organizan un torneo do deporte máis odiado
por Tristán: o fútbol, ademais mandáronlle ser porteiro e o resto do equipo formábano
os seus compañeiros de habitación e outros rapaces que ían rotando. O torneo déuselles especialmente
mal, sempre perdían, o que fixo todos que se risen deles, todos menos unha
rapaza que os animou durante todo o torneo, o que provocou que tamén se mofarán
dela. Chega o día das visitas familiares e todos están moi contentos menos
Tristán, porque se avergoña da súa avoa xa que é moi agarimosa; e o rapaz
inglés, porque os seus familiares non o van a visitar, o que provoca que chore
moito. Achégase o fin e hai unha excursión a unhas covas, pero uns compañeiros
de clase de Tristán encárganse de que non o pase ben, nun tramo, a rapaza que
animara ao equipo de Tristán cae e rompe o nocello ao tentar axudarlle, Tristán
e os seus compañeiros de habitación perden de vista aos monitores. A cova daba
ao mar, a marea empezaba a subir e non vían a saída, ata que Tristán exerce de
líder e consegue contactar con monitores e acto seguido rescátanos. Acábase o
campamento e Tristán e os seus amigos deciden volver ao ano seguinte. Cando o
rapaz chega ao seu pobo recibe unha ovación dos veciños.
Martín Muíño Martínez 2 ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario