xoves, 21 de maio de 2020

Día Europeo de Rede Natura 2000


Cada 21 de Maio celébrase o Día Europeo de Rede Natura 2000.
Trátase dunha ocasión para que a sociedade teña máis coñecemento sobre os Espazos Naturais Protexidos que se inclúen nela e contribúa á súa conservación.
 A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos protexidos que se declararon para conservar determinadas especies e hábitats que viven neles. En total son máis de 27.000 en toda Europa!
A protección destes espazos pretende garantir a supervivencia a longo prazo das especies e hábitats europeos máis valiosos e ameazados.Na actualidade está formada por máis de 27.000 espazos de alto valor ecolóxico en toda Europa, constituíndo a máis ampla e ambiciosa rede de Espazos Naturais Protexidos do mundo!A rede galega de espazos naturais protexidos representa máis do 12% da superficie total de Galicia.
Compartimos  un conto cedido pola autora Olga de Dios que nos fará reflexionar na necesidade de colaborar para manter a nosa natureza limpa, así como outro conto sobre animais en perigo que proporciónanos a editorial Anaya.


1 comentario:

  1. Where can you bet on sports with BetMGM?
    BetMGM is a 고양 출장마사지 top-rated live 광양 출장마사지 sports 군산 출장샵 betting 순천 출장마사지 platform, offering sports betting 상주 출장안마 and casino action. As a sports betting and casino brand, BetMGM

    ResponderEliminar