ANTROIDO EN PECALAMA
mércores, 12 de marzo de 2014
mércores, 26 de febreiro de 2014
EXCURSIÓN A SOTAVENTO
EXCURSIÓN A SOTAVENTO
O día 19 de Febreiro de 2014, os alumnos e alumnas do C.P.I Pecalama , fomos de excursión a Sotavento, un parque eólico experimental situado en Xermade, Lugo.
Alí mostráronnos unha vivenda bioclimática adaptada aos factores climatolóxicos. Dado o aproveitamento destes, a vivenda recibe enerxía de forma máis económica e menos contaminante.
Tamén nos ensinaron o funcionamento e a estrutura dos eólicos.
Os eólicos dependendo da paisaxe, son de distinta cor (brancos, grises...) para camuflarse e non estar moito á vista.
A enerxía eólica é unha enerxía renovable e ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes. É unha enerxía cara, depende moito da natureza. Contamina pouco; contamina acusticamente, seca o terreo, algunhas aves impactan contra os eólicos e morren..
Los Juegos del Hambre
Xa dentro dos xogos, Katniss loita por salvar a vida, aliándose primeiro coa inocente Rue, e, tras a morte desta, co seu compañeiro de Distrito, Peeta. Xuntos chegan á final dos Xogo, coa esperanza de poder gañar ambos, pero novas do Capitolio acaban con esa ilusión. Intentan enganar ós membros do Capitolio simulando un suicidio. Finalmente, dende o Capitolio dinlles que non o fagan, que ambos venceron.
Nas entrevistas finais, antes de volver ao Distrito 12, Katniss di que foi a desesperación o que a fixo actuar deste xeito e no Capitolio non toman represalias.
Peeta e Katniss volven a casa, para enfrontarse aínda as cámaras na súa volta e a unha xira por todos os Distritos, tendo que "finxir" un amorío que idearan co fin de conseguir patrocinadores para os Xogos.
Sheila Mª Parafita Rey, 3º ESO
mércores, 12 de febreiro de 2014
A PAZ
O día 30 de xaneiro celebrouse o día da Paz. Os nenos e nenas do C.P.I Pecalama conmemorárono poñendo un mural no corredor e pintando as súas mans en sinal de solidaridade. Despois fixeron actividades por clases ao longo do día.
mércores, 22 de xaneiro de 2014
YouTube EDU.
Google quere evitar que a preocupación polos contidos que alberga o seu portal de vídeos, YouTube, empurre ás escolas a impedir que os seus alumnos accedan ao mesmo. Porén, creou un YouTube escolar. Como explica no blog onde presenta o servizo, é lastimoso que para evitar as distracións dos estudantes, as escolas decidan cerrar a consulta a YouTube e con iso o acceso a miles de vídeos de contido pedagóxico. "Os centros educativos poden personalizar os contido aos que se pode acceder. Todos os centros educativos poden acceder a todo o contido de YouTube EDU, pero os profesores e os administradores tamén poden acceder a YouTube.com e crear listas de reproducción de vídeos que estarán dispoñibles" no centro académico, explica. Todos os comentarios e vídeos relacionados están desactivados, e a búsqueda está limitada a os vídeos de YouTube EDU.
Para este uso responsable e formativo de YouTube, as escolas dispoñen de 300 listas de vídeos organizadas por materias. No blog onde se anuncia o servizo recórdase a imaxe do profesor introducindo un televisor na clase para poder ver un vídeo. Agora, estes vídeos poden verse desde o ordenador do alumno acotando as posibilidades de elección do mesmo e evitando una navegación polo portal xeral de YouTube que distraia a súa atención. Google recorda que en YouTube hai todo tipo de vídeos, pero que, impedir o acceso escolar ao mesmo supón perder a ocasión de contemplar un sobre la fotosíntese ou sobre a Grecia antiga. As escolas deben rexistrarse no servizo para crear a súa propia selección.
Sheila Mª Parafita Rey, 3º ESO.
Sheila Mª Parafita Rey, 3º ESO.
venres, 20 de decembro de 2013
Concurso de fotografía
Obxectivo
Coñecer o mundo da ciencia, facer evidente a relación da ciencia
coa vida cotiá, mostrar os lugares do coñecemento no seu contexto espacial.Trátase
de conseguir aumentar o interese polo entorno que nos rodea facendo partícipes
a todos.
TEMÁTICA
As
fotografías presentadas a concurso terán
como temática: Os espazos da natureza forestal e silvestre.
BASES
·
O concurso está aberto a todo o persoal do CPI
Pecalama.
·
Nas fotografías presentadas deberase indicar
claramente os seguintes datos: título da obra, lugar onde de realizou, nome e
apelidos do autor , curso.
·
As fotografías serán orixinais e inéditas, estarán
suxeitas ás condicións de participación, licencias de uso e contidos.
·
Débense enviar ao correo electrónico pecalamabiblio@gmail.com
DATA DE
ENTREGA
·
Recollerase material fotográfico ata o 30 de abril de
2014.
PREMIOS
·
O xurado seleccionará 4 fotografías segundo os criterios
de calidade técnico-artística e que se axusten á temática desta edición. Cada
fotografía seleccionada recibirá un premio.
·
As fotografías e os resultados poderán verse no Blog
da Biblioteca (bibliopecalamas.blogspot.com)
mércores, 11 de decembro de 2013
Violencia de xénero
Fai uns días visitou o noso colexio un enviado do proxecto IgualaR. Nas dúas sesións da charla que nos dou falounos da violencia de xénero e as súas estatísticas en España nos últimos anos. Nestas dúas sesións fixemos o vídeo que deixamos anteriormente e vimos proxectos xa realizados por outros colexios. Aprendemos que nunha relación sa de parella débese ter respecto mutuo e que unha relación non se debe basear no medo.
E aquí un enlace das estatísticas da violencia de xénero en adolescentes nos últimos anos:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2010/07/07/actualidad/1278453608_850215.html
Ademais fixemos uns exercicios para aprender a confiar nas persoas que temos ao redor.
Aquí unhas fotos destes dous días:
O primeitro día da charla na presentación.
Algunhas das probas que fixemos para o vídeo.

Nerea Castro Castro, Sheila Mª Parafita Rey, 3º ESO
E aquí un enlace das estatísticas da violencia de xénero en adolescentes nos últimos anos:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2010/07/07/actualidad/1278453608_850215.html
Ademais fixemos uns exercicios para aprender a confiar nas persoas que temos ao redor.
Aquí unhas fotos destes dous días:
O primeitro día da charla na presentación.
Algunhas das probas que fixemos para o vídeo.

Nerea Castro Castro, Sheila Mª Parafita Rey, 3º ESO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










.jpg)
.jpg)

