martes, 10 de outubro de 2017

Día da Ciencia en Galicia


1845 en Lema (Burgos)1917 (Vigo)
O mellor coñecedor da flora galega e innovador meteorólogo Baltasar Merino, protagonista do Día da Ciencia en Galicia

O botánico e meteorólogo Baltasar Merino Román será o homenaxeado este ano con motivo do Día da Ciencia en Galicia, a celebración promovida pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) para reivindicar a importancia da investigación a través das súas figuras máis destacadas. O homenaxe, que coincide co primeiro centenario do falecemento do investigador, foi aprobado unanimemente polos académicos polo papel de Merino como o autor da primeira caracterización exhaustiva da flora galega, á que se suman os primeiros traballos de climatoloxía aplicada realizados en Galicia.

xoves, 21 de setembro de 2017

LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno

A reivindicación da literatura infantil e xuvenil

María Victoria Moreno, mestra e escritora, naceu en Estremadura. En Madrid licenciouse en Filoloxía Románica, onde tivo como profesores a Rafael Lapesa e Dámaso Alonso. No ano 1963 chegou a Pontevedra e quedou namorada para sempre da suavidade do clima e da beleza da cidade. Despois dunha estadía en Lugo e Vilalonga (Sanxenxo) volve a Pontevedra, onde foi profesora nos institutos Valle-Inclán e Torrente Ballester, desde os anos 80 ata a súa xubilación.

Desde o comezo, identificouse con Galicia e coa súa cultura. Tamén participou activamente na vida cultural e política da cidade e do país colaborando en conferencias, cursos e encontros literarios. Ademais de novelas e contos, escribiu obras de ensaio, colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección "Árbore" da editorial Galaxia.


A Real Academia lamenta o pasamento da académica Xohana Torres

Xohana Torres

martes, 30 de maio de 2017

Vidas marcadas para a ciencia

BIOGRAFÍAS DE CIENTÍFICOS

Traballos realizados polos alumnos de 2ºESO do CPI Pecalama
Ana Vázquez

aaaa

Carla Cancela

Álex Suárez

mércores, 17 de maio de 2017

xoves, 11 de maio de 2017

Visita ao Mestre Mateo


Os alumnos de 5º e 6º de Primaria visitaron a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo. Realizaron esta visita acompañados pola fotógrafa Mari Vega, profesora desta escola. Alí tiveron a oportunidade de coñecer distintos talleres ( escultura, xoiaría,...) e experimentar con distintas técnicas no taller de fotografía.

luns, 8 de maio de 2017