martes, 16 de outubro de 2018
luns, 15 de outubro de 2018
xoves, 11 de outubro de 2018
Recomendacións de lectura
Un bautizo singular.
“Un bautizo singular” é unha novela de Carlos J. Server,
que trata sobre o bautizo dun rapaz do que non se sabe quen é o pai. Mentres
lemos esta comedia ocorren situacións moi divertidas que nos fan rir e ó mesmo
tempo intentar buscar a solución do misterio.
É unha historia
humor na que abundan os malos entendidos, as sospeitas, os comentarios
mal intencionados, convertendo un simple
bautizo nunha historia rocambolesca. Clara López Casas 2ºESO
MEMORIAS DE TRISTÁN SALDAÑA Beatriz Berrocal
Tristán
é un rapaz moi pouco sociable que se ve obrigado a ir a un campamento de verán.
Polo camiño coñece a un rapaz inglés que non fala español. Cando chega debe
compartir habitación cuns nenos máis novos ca el. O primeiro que fai e
poñerlles a todos un alcume, que é o que máis lle gusta. Nas primeiras noites
os seus compañeiros non paran de facer ruído, aínda que iso vai parando segundo
aumenta a súa amizade. No campamento organizan un torneo do deporte máis odiado
por Tristán: o fútbol, ademais mandáronlle ser porteiro e o resto do equipo formábano
os seus compañeiros de habitación e outros rapaces que ían rotando. O torneo déuselles especialmente
mal, sempre perdían, o que fixo todos que se risen deles, todos menos unha
rapaza que os animou durante todo o torneo, o que provocou que tamén se mofarán
dela. Chega o día das visitas familiares e todos están moi contentos menos
Tristán, porque se avergoña da súa avoa xa que é moi agarimosa; e o rapaz
inglés, porque os seus familiares non o van a visitar, o que provoca que chore
moito. Achégase o fin e hai unha excursión a unhas covas, pero uns compañeiros
de clase de Tristán encárganse de que non o pase ben, nun tramo, a rapaza que
animara ao equipo de Tristán cae e rompe o nocello ao tentar axudarlle, Tristán
e os seus compañeiros de habitación perden de vista aos monitores. A cova daba
ao mar, a marea empezaba a subir e non vían a saída, ata que Tristán exerce de
líder e consegue contactar con monitores e acto seguido rescátanos. Acábase o
campamento e Tristán e os seus amigos deciden volver ao ano seguinte. Cando o
rapaz chega ao seu pobo recibe unha ovación dos veciños.
Martín Muíño Martínez 2 ESO
martes, 9 de outubro de 2018
Coñece o galego ~ Orientación en Galicia
Coñece o galego ~ Orientación en Galicia Iniciación ao galego
xoves, 6 de setembro de 2018
O día 26 de xuño faleceu Xabier P. Docampo, un dos escritores fundamentais para a consolidación da Literatura infantil e xuvenil galega. Pero tamén foi docente, promotor da lectura e especialista en bibliotecas escolares, activista a prol da lingua, contacontos, actor ou guionista.
En 1995 acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil con Cando petan na porta pola noite. A esta obra precedéronlle outras como O misterio das badaladas ou A chave das noces. Posteriormente, virían outras como O pazo baleiro, A casa da luz, Bolboretas (White Ravens 2005), Catro cartas, O país adormentado, A illa de todas as illas, O libro das viaxes imaxinarias, e xa no 2017 A nena do abrigo de astracán á que lle adicou os últimos anos da súa escrita e coa que gañou o Premio de narrativa na III Gala do Libro Galego 2018.
Para Docampo ler era conquistar unha illa misteriosa por iso foi un grande promotor da lectura. Xunto con Antonio Ventura dirixiu a revista Bloc (Revista internacional de arte y literatura infantil) que se editou entre os anos 2007 e 2010.
Convidamos ás bibliotecas escolares galegas a que difundan e lean a obra de Xabier P. Docampo como mellor mostra de afecto e recoñecemento.

martes, 5 de xuño de 2018
sábado, 26 de maio de 2018
A especie invasora
A velutina
Neste mes de maio no corredor de entrada do colexio hai unha exposición sobre a Vespa velutina, un excelente e vistoso traballo feito polos alumnos de CAAP de 4º ESO dirixidos pola profesora de Ciencias Mercedes López Rodríguez .
Noraboa por este magnifico traballo !!!!✌
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

