martes, 10 de maio de 2016

Actividades

Actividades Letras Galegas

Este luns, 9 de maio, o Concello de Tordoia invitounos a unhas actividades sobre as Letras Galegas que se celebraron na Casa  de Cultura  a cargo do grupo EDUVÍA ( Patricia e Óscar). Dividíronos en equipos, cada un co nome dun escritor homenaxeado nas Letras Galegas ( María Mariño, Castelao, Rosalía , Manuel María..)e comezamos a xogar con distintas probas que fomentaban a nosa creatividade.






mércores, 6 de abril de 2016

Un libro, unha aventura

 TODOS OS DÍAS SON O DÍA DO LIBRO
PARA FOMENTAR A LECTURA


UN LIBRO, UN AMIGO 23 DE ABRIL
on PhotoPeach 

martes, 5 de abril de 2016

Concursos


1º CONCURSO DE MICRORRELATOS

Microrrelatos gañadores:


  1ºpremio                                                 Lidia Domínguez González (4º ESO)

Ía vela todos os días a aquel lugar tan triste. A aquel lugar tan cheo de homes e mulleres_ que eu imaxinaba felices_  Sentábame a carón dela e líalle o seu libro favorito, "Donde los árboles cantan", fixera frío ou calor. Nunca me dicía nada, pero eu sabía que sempre me escoitaba, aínda que moitas veces me entristecía ver que non a podía acariñar nin bicar.
           _ Aínda non espertou?_ preguntábame cada día o home que limpaba o cemiterio. 
            _ Hoxe non. Pero teño o presentimento de que mañá si _ contestáballe eu cada día.

                                                                 
                                                                   Carla Cancela Costa (1ºESO)
2º premio
Ella y él, dos enamorados en su luna de miel. Lástima que pronto aparecieron las discusiones y los bofetones. Él la convirtió en un triste número más y a nadie le importó. ¡Qué hipocresía!


                  Entrega de premios ás gañadoras
A profesora de Lengua, Susa, entrega os premios na Biblioteca ás dúas gañadoras, Lidia e Carla.

Noraboa ás dúas e moitas grazas por participar.



martes, 8 de marzo de 2016


MULLERES NA HISTORIA


                        Pincha nesta ligazón                       

Doce mujeres iluminadas por la luz. / RSEF/SEDOPTICA/UA

MULLERES  CIENTÍFICAS

O percorrido expositivo inclúe a 12 protagonistas entre as que se atopan Madame de Châtelet (grazas á súa tradución dos Principia Mathematica, o continente europeo tivo acceso  ao newtonianismo),  Martha Coston (deseñou e fabricou un sistema de comunicación baseado en bengalas luminosas para os barcos contribuíndo a salvar moitas vidas), Henrietta Swan (descubriu o camiño para coñecer o tamaño da nosa galaxia e a escala do universo),Hedwig Kohn (realizou un minucioso traballo en espectrometría e pirometría, hoxe considerados estándares de iluminación), Katherine Burr (inventou os cristais anti reflectantes) e Yvette Cauchois (creou un espectrógrafo de raios X que permitiu descubrir novos elementos do sistema periódico).Tamén aparecen Maria Goppert (deu nome á unidade de sección de absorción de dous fotóns), Marie Luise Spaeth (inventou o láser sintonizable de colorante e desenvolveu os telémetros láser), Rosalind Franklin (obtivo a famosa Fotografía 51, que probou experimentalmente a estrutura helicoidal do ADN mediante difracción de raios X),  Martha Jane Berghin (mellorou as fontes de iluminación, sobre todo os tubos fluorescentes), Jean Macpherson (foi a primeira muller en ocupar a presidencia da Optical Society of America) e Jocelyn Bell (descubriu os faros do universo, os púlsares).