MULLERES CIENTÍFICAS
O percorrido expositivo inclúe a 12 protagonistas entre as que se atopan Madame de Châtelet (grazas á súa tradución dos Principia Mathematica, o continente europeo tivo acceso ao newtonianismo), Martha Coston (deseñou e fabricou un sistema de comunicación baseado en bengalas luminosas para os barcos contribuíndo a salvar moitas vidas), Henrietta Swan (descubriu o camiño para coñecer o tamaño da nosa galaxia e a escala do universo),Hedwig Kohn (realizou un minucioso traballo en espectrometría e pirometría, hoxe considerados estándares de iluminación), Katherine Burr (inventou os cristais anti reflectantes) e Yvette Cauchois (creou un espectrógrafo de raios X que permitiu descubrir novos elementos do sistema periódico).Tamén aparecen Maria Goppert (deu nome á unidade de sección de absorción de dous fotóns), Marie Luise Spaeth (inventou o láser sintonizable de colorante e desenvolveu os telémetros láser), Rosalind Franklin (obtivo a famosa Fotografía 51, que probou experimentalmente a estrutura helicoidal do ADN mediante difracción de raios X), Martha Jane Berghin (mellorou as fontes de iluminación, sobre todo os tubos fluorescentes), Jean Macpherson (foi a primeira muller en ocupar a presidencia da Optical Society of America) e Jocelyn Bell (descubriu os faros do universo, os púlsares).
Ningún comentario:
Publicar un comentario