luns, 19 de febreiro de 2018

BUSCAR NA BIBLIOTECA


 BUSCAMOS INFORMACIÓN

A biblioteca a través de internet. 

  • Entramos na web http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/

  •  En Grupo seleccionamos no despregable: Centros de Ensino. 

  • En Biblioteca seleccionamos: Tordoia - CPI Pecalama

  •  Prememos en “Entrar na biblioteca” 


Prememos en Busca avanzada  e podemos buscar o libro que queiramos ben polo título, ben polo nome do autor, primeiro  o apelido e despois o nome.






domingo, 4 de febreiro de 2018

Formación de usuarios


INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN
BIBLIOGRAFÍA E DEREITOS DE AUTOR
Calquera traballo deber contar cun listado das fontes empregadas, a bibliografía. Debemos citar todas as fontes das que tomaramos informacións, citas, imaxes, sons, gráficos... para así recoñecer os dereitos de autor ou copyright ©.


  Os dereitos de autor ou copyright ©. Que podemos e que non podemos “copiar e pegar”?


Segundo a Organización Mundial da Propiedade Intelectual, a definición de dereitos de autor refírese a “os dereitos dos creadores sobre as súas obras literarias e artísticas” por unha duración de 50 anos a partir do falecemento do autor. Falamos de libros, música, fotos, pintura, escultura, películas, programas informáticos, mapas, xogos, anuncios publicitarios... Copyright  é exactamente o mesmo que dereito de autor.

Co termo dominio público referímonos a aquelas obras cuxo período de protección de dereitos de autor expirou e poden ser reproducidas sen ningunha repercusión legal. A representación gráfica é .

Como antítese de Copyright temos o Copyleft. Consiste na decisión do autor de permitir a libre circulación e copias modificadas da súa obra. A súa representación gráfica é .
As licenzas Creative Commons son unha modalidade de dereitos de autor que, baixo unha serie de condicións, permiten modificar os termos e condicións dese dereito.
Tipos:

Resultado de imaxes para derechos de autor (Ø ) – Permítese o uso sen problema xa que o autor renunciou expresamente aos seus dereitos de autor.


  • Recoñecemento (BY) – Pódese compartir e adaptar (incluído para fins comerciais) pero é obrigatorio citar ao autor.
    • Recoñecemento-Compartir igual (BY-SA) – Permítese modificar a obra sempre que se difunda nas mesmas condicións de licenza que tiña a imaxe orixinal.
    • Recoñecemento-Non Comercial (BY- NC) – Pódese utilizar citando ao seu autor e a condición de que o seu uso non teña fins lucrativos ou comerciais. 
    • Recoñecemento-Sen obra derivada (BY- ND) – Obrigatorio citar ao autor, aínda que neste caso non se permiten nin modificacións na obra, nin uso comercial desta.
    • Recoñecemento-Non Comercial–Compartir igual (BY- NC- SA) – Non está permitido o uso comercial da obra orixinal nin das obras derivadas que han de levar a mesma licencia que regula a obra orixinal. 
  • Recoñecemento- Non comercial-Sen obra derivada (BY- NC- ND) – Non se permiten modificacións nin usos comerciais. Obrigatorio indicar o autor.

     2. Algúns recursos

    Para empregar algunha imaxe da Rede sen entrar en conflito cos dereitos de autor existen bancos de recursos dos que podemos seleccionar imaxes coas licenzas que nos permitan compartir, modificar...

    Buscador de imaxes Creative Commons: ttps://ccsearch.creativecommons.org/


    •   Localizador de licenzas de imaxes.

    • Tin Eye https://www.tineye.com// é un buscador inverso de imaxes co que poderemos comprobar se a foto que temos pensado empregar está suxeita a algún tipo de dereito de autor na internet, xa que localiza a fonte do arquivo. 

    •   Bancos de imaxes gratis:
    •  Pixabay: https://pixabay.com/es/ 


    • Gratisography:https://gratisography.com/

    •  Everystockphoto: http://www.everystockphoto.com/


    •  Flickr: https://www.flickr.com 

    • Plataformas de música gratis: 
    • Free Music Archive: http://freemusicarchive.org/

       Amazon Free Music: https://www.amazon.com/Free-SongsMusic/b?node=334897011
    •  Jamendo: https://www.jamendo.com/
    • Identificador de plaxios en textos escritos: Plagiarisma http://plagiarisma.net/es/ 

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.

Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.

mércores, 31 de xaneiro de 2018

Lecturas para a paz

A editorial Kalandraka acaba de publicar Por que? de Nikolai Popov. 
O autor, que viviu  os horrores da 2ª Guerra Mundial, pregúntase  neste álbum cales son as causas das guerras e convida aos lectores e lectoras a reflexionar sobre os conflitos, desde os máis cotiáns ás grandes loitas para sementar unha cultura e educación para a paz, o diálogo e a tolerancia entre os máis novos.
Na presentación editorial indícasenos  que  "a senrazón da guerra, a violencia, a vinganza, a devastación e a morte asómanse en toda a súa crueza ás páxinas deste libro visual; unha fábula que comenza coa bucólica estampa dunha ra gozando do arrecendo dunha flor, ata a irrupción dun rato que a ataca para quitarlla. Xorde daquela unha loita entre dous bandos cada vez máis numerosos en individuos e medios bélicos que dá lugar a emboscadas e bombardeos. Dun prado florido, a un lugar desolado; dunha minucia, a un gran conflicto sen ter mediado nin unha soa palabra."
Este álbum cómpre telo en conta nas lecturas, nas seleccións e outras actividades que fagamos na biblioteca escolar para conmemorar  o Día escolar pola paz e non violencia.
Outros títulos :
A bruxa Discordia de Mamá Cabra e Carmen Gil
O Valo de Carlos Labraña
 Eu son Suleiman de Antonio Lozano
Camiños de auga  de Manuel Núñez Singala. 

Kalandraka acaba de publicar en galego A historia do touro Ferdinando”,recuperando o deseño da primeira versión en branco e negro deste clásico de 1936. A ilustración é de Robert Lawson e o texto de Munro Leaf
En 1938 Walt Disney gañou un Óscar pola curta que realizou a partir deste conto. Esta historia, traducida a máis de 60 linguas, foi motivo de queima nalgúns países como Alemaña ou censura como España, onde se consideraba unha crítica á Guerra Civil pola súa mensaxe pacifista e antibelicista. Era, porén, o libro preferido de Gandhi.
Cóntasenos a historia dun touro sensible que prefire a tranquilidade do prado e o arrecendo das flores fronte á bravura que se lle presupón aos da súa raza.
Recomendado para primeiros lectores.

luns, 22 de xaneiro de 2018

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

venres, 8 de decembro de 2017

Dicionarios

Cantas clases de dicionarios hai? Como se consulta un dicionario? Aquí tes unha guía para resolver as túas dúbidas.