INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN
BIBLIOGRAFÍA E DEREITOS DE
AUTOR
Calquera
traballo deber contar cun listado das fontes empregadas, a bibliografía.
Debemos citar todas as fontes das que tomaramos informacións, citas,
imaxes, sons, gráficos... para así recoñecer os dereitos
de autor ou copyright ©.
Os dereitos de autor ou copyright ©. Que podemos e
que non podemos “copiar e pegar”?
Segundo a
Organización Mundial da Propiedade Intelectual, a definición de dereitos
de autor refírese a “os dereitos dos creadores sobre as súas obras
literarias e artísticas” por unha duración de 50 anos a partir do
falecemento do autor. Falamos de libros, música, fotos, pintura, escultura,
películas, programas informáticos, mapas, xogos, anuncios publicitarios... Copyright
é exactamente o mesmo que dereito de autor.
Como antítese de Copyright temos o Copyleft.
Consiste na decisión do autor de permitir a libre circulación e copias
modificadas da súa obra. A súa representación gráfica é .
As
licenzas Creative Commons son unha modalidade de dereitos de autor que,
baixo unha serie de condicións, permiten modificar os termos e condicións dese
dereito.Tipos:
(Ø ) – Permítese o uso sen problema xa que o autor renunciou expresamente
aos seus dereitos de autor.
- Recoñecemento (BY) – Pódese compartir e adaptar (incluído para fins comerciais) pero é obrigatorio citar ao autor.
- Recoñecemento-Compartir igual (BY-SA) – Permítese modificar a obra sempre que se difunda nas mesmas condicións de licenza que tiña a imaxe orixinal.
- Recoñecemento-Non Comercial (BY- NC) – Pódese utilizar citando ao seu autor e a condición de que o seu uso non teña fins lucrativos ou comerciais.
- Recoñecemento-Sen obra derivada (BY- ND) – Obrigatorio citar ao autor, aínda que neste caso non se permiten nin modificacións na obra, nin uso comercial desta.
- Recoñecemento-Non Comercial–Compartir igual (BY- NC- SA) – Non está permitido o uso comercial da obra orixinal nin das obras derivadas que han de levar a mesma licencia que regula a obra orixinal.
- Recoñecemento- Non comercial-Sen obra derivada (BY- NC- ND) – Non se permiten modificacións nin usos comerciais. Obrigatorio indicar o autor.
2. Algúns recursos
Para empregar algunha imaxe da Rede sen entrar en conflito cos dereitos de autor existen bancos de recursos dos que podemos seleccionar imaxes coas licenzas que nos permitan compartir, modificar...
Buscador de imaxes Creative Commons: ttps://ccsearch.creativecommons.org/
Localizador de licenzas de imaxes.
Tin Eye https://www.tineye.com// é un buscador inverso de imaxes co que poderemos comprobar se a foto que temos pensado empregar está suxeita a algún tipo de dereito de autor na internet, xa que localiza a fonte do arquivo.
- Bancos de imaxes gratis:
Pixabay: https://pixabay.com/es/
- Gratisography:https://gratisography.com/
Everystockphoto: http://www.everystockphoto.com/
- Flickr: https://www.flickr.com
- Plataformas de música gratis:
Free Music Archive: http://freemusicarchive.org/
Amazon Free Music: https://www.amazon.com/Free-SongsMusic/b?node=334897011- Jamendo: https://www.jamendo.com/
- Identificador de plaxios en textos escritos: Plagiarisma http://plagiarisma.net/es/
Ningún comentario:
Publicar un comentario