Queremos premiar aos lectores máis asiduos da biblioteca. Neste espazo vanse publicar os resumes e comentarios dos libros elixidos. A final de curso o equipo da biblioteca Pecalama fará unha valoración dos resumes e premiarase ao gañador cun libro electrónico. Todos podedes participar, só tedes que falar coa Bibliotecaria .
luns, 28 de outubro de 2013
Literatura galega
Ligazón interesante para literatura de 4ºESO. Presentación en diapositivas sobre a Xeración Nós e as Irmandades da Fala.
http://www.slideshare.net/xenevra/a-xeracin-ns
http://www.slideshare.net/xenevra/a-xeracin-ns
Os cambios da LOMCE
Para saber máis sobre a nova lei de educación
http://es.wikipedia.org/wiki/Ley_Orgánica_para_la_Mejora_de_la_Calidad_Educativa
http://es.wikipedia.org/wiki/Ley_Orgánica_para_la_Mejora_de_la_Calidad_Educativa
mércores, 23 de outubro de 2013
CONFERENCIA DO DEBUXANTE XOSÉ TOMÁS
Hoxe, 23 de outubro, visitou o noso colexio o coñecido debuxante de Cómics Xosé Tomás. Falounos dos distintos tipos de Cómics e a súa historia, como se chamaban dependendo do lugar no que estivesemos e aprendeunos distintos trucos para debuxar Cómics.
Tamén nos fixo algunhas demostracións para debuxar viñetas e finalmente ensinounos todo o proceso do deseño e a elaboración dun dos seus últimos Cómics.
Pareceunos moi ameno todo o que nos contou e tamén nos pareceu impantante o modo no que debuxaba, foi moi divertido.
A biblioteca do colexio está incluída na Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, neste enlace podedes acceder ao catálogo de libros da túa biblioteca, na pestana Busca avanzada podes buscar o libro que che interese.
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/
Concurso de relatos
Animádevos e ide entregando os vosos relatos na biblioteca. O tempo acábase!
Aquí tedes as normas:
Bases
-Poderán participar todos os
alumnos de eso en
dúas categorías:
Ø 1º
ciclo- 1º e 2º de eso
Ø 2º
ciclo- 3º e 4º
-TEMA: o medo, baseándose en lendas , contos e
supersticións galegas.
-Os relatos deben ser orixinais, escritos en galego.
- Presentaranse escritos a máquina cunha extensión máxima
dunha cara.
-Debe levar unha portada onde figure:
unha imaxe referente ao tema do relato, o nome do
alumno/a e o curso.
-Prazo de presentación: ata o 9 de novembro.
-Lugar de presentación: na Biblioteca.
PREMIOS :material deportivo ou escolar,
un lapis de memoria
Animádevos a
participar!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)