Contan as
lendas máis antigas e tenebrosas que xamais imaxinarías, que nas
profundas e incontables fragas galegas, habita unha especie que moi
poucos coñecen, esta especie é un tipo de ser que deambula entre
demo e animal.
Este enxendro coñécese
como "lobo endemoñado" e, son moitos os que nin se atreven a
pronunciar este nome, porque se pronuncias o seu nome máis de
tres veces a partir das doce da noite, é posible que recibas unha
inesperada visita.
Contan os temerarios que tiveron a coraxe de facelo e sobrevivir, que nunca viran nada igual, un ser que semella estar endiañado, duns dous metros de altura, cuns dentes coma angazos e unha mirada que xa só con ela semellaba ser capaz de facer arrecuar un exército enteiro.
Contan os temerarios que tiveron a coraxe de facelo e sobrevivir, que nunca viran nada igual, un ser que semella estar endiañado, duns dous metros de altura, cuns dentes coma angazos e unha mirada que xa só con ela semellaba ser capaz de facer arrecuar un exército enteiro.
Pero non quedaba aí, a
parte de contarse por miles, vivían en covas ás cales levaban as
súas vítimas, a maioría nenos que andaban xogando polos camiños
cos seus amigos, e anciáns indefensos que so intentaban prolongar as
súas tristes vidas paseando polos antigos camiños .
Así que, xa
sabes , non pronuncies tres veces "lobo endemoñado" se non queres que
a túa vida chegue ao seu fin antes do que debería
A rapaza da curva Rocío Seoane 2º ESO
29 DE FEBREIRO
Ana Queijo Canedo
2º ESO
Fai uns 20 anos, na miña casa ao carón do lar, meu bisavó
contoume unas historias reais sobre os anos bisestos. Como todos sabedes, os
anos bisestos danse cada catro anos debido a que se lle engade un día ao mes de
febreiro. Na nosa aldea os días de martes 13 nunca ocorría nada malo, senón que
ocorría os 29 de febreiro.
29 de
febreiro de 1934 ( ano bisesto )
Pepe, un veciño de meu bisavó, tiña uns cans de caza dos
mellores xa adestrados para cazar coellos. Esa mañá erguérase moi cedo para
preparar a escopeta e ir cos cans para o monte. Estaba todo anubado, perfecto
para cazar. Ao chegar ao monte, Pepe ceibou os cans e empezaron a mirar por
todos lados a ver se daban cun coello.
Pasaba media hora e nada, non atopaban ningún coello. Pepe moi paciente decidiu
esperar outro anaquiño máis. De súpeto comezou a chover moi forte,
desapareceran os cans, non había rastro deles. Pepe corría por todo o monte na
súa procura ata que xa cansou de mirar.
Quedou quedo no sitio, cerrou os ollos, abriunos mirou ao seu redor e viu unha
sombra negra que o rodeaba e baduaba, Pepe caiu no chan, morrera.
Non se sabe que foi esa sombra pero o que si que saben é
que levaran a un veciño moi querido por todos.
29 de
febreiro de 1970 ( ano bisesto )
Carme, a tía de meu avó, estaba tranquilamente facendo o
xantar . Ese día tiña que facer moita
comida, xa que viñan xantar os primos de
Suíza. Non podía faltar o freixó,os cachelos, as nabizas ,o chourizo… ese día
tiñan menú completo. Xa posta a mesa, sentaron todos, incluído os primos. Todos
tiñan unha cara de felicidade por volver a verse e pola exquisita comida que
preparara Carme.
Todos estaban tranquilamente comendo cando de repente un
dos primos ( Pedro ) empezou a tusir sen
parar. Carme a pobre, chamou a unha meiga moi sospeitosa, que falaba o xustiño
e que se lle pagabas o que ela che pedía facía
unha especie de beberaxe que curaba o mal. A meiga empezou a mesturar
ingredientes doutro mundo, sabe Deus que era iso que lle engadía. Mandoullo
tragar todo a Pedro, que mentres o estaba tomando, xa lle pagaran o que a meiga
lles pedirá. Cando xa o acabou foi correndo ao baño, a meiga xa se esfumara. O
noso querido Pepe fora envelenado.
Agora, no presente, eu estou co medo de que pasará no
seguinte ano bisesto, o 2016.
Nun lugar, un día 31 de outubro, dous nenos chamados Xosé e María,
foron dar un paseo por cerca da casa dos seus avós Ramón e María, que por alí
había un cemiterio. Aquel día segundo seus avós era o día dos mortos vivintes
ou como eles lle chamaba, o ''Samaín''.
Esa mesma noite dando o paseo, o seu avó deu a volta cara a casa, Xosé
preguntoulle ao avó:
-Por que volves para a
casa, fai moi boa noite-
O avó todo preocupado contestoulle
-Volvo para a casa porque
non quero morrer,son demasiado novo para morrer.
O neno pensouno dúas veces
antes de seguir camiñando, pero seguiu.
A nena como ía máis adiante non escoitara nada diso.
Ao cabo dun pouco, María
empezou a berrar, Xosé foi ver que lle
pasaba e viu como a collía un morto. El
quería impedilo, pero o espírito, dun señor maior, antigo amigo de
Ramón, el sabia que se un espírito che toca quítache a alma, así que o intentou
non tocar, chegaron a cama sans e salvos.
Ramón, o avó, díxolles que se esqueceran diso, que fora unha broma
súa.
Foron para a cama e como non tiñan sono, empezaron a contar
historias de medo, eles como pensaban que os espíritos, as pantasmas,os
zombis... Foron a unha igrexa de alí cerca para investigar o que si dicían era
verdade. Entran na ''igrexa encantada'' e de repente a porta cerrase sola, acéndense
as luces e apáganse , acéndense as velas, vese unha sombra pero non ven a ninguén
ao seu redor. As cousas alí eran moi estrañas. María foi investigar pola
dereita, Xosé pola esquerda, e de repente empeza a soar so o órgano, sae de alí
unha pantasma, eles pensaron que era seu avó, pero o avó nese instante entrara
pola porta xunto unha nena cun coitelo na man, eles pensaron que fora María (a
avoa),pero a avoa estaba morta no altar.
A rapaza co coitelo era a rapaza da curva. Matounos a todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario