luns, 12 de xaneiro de 2015

Sobre a nova Lei de Propiedade Intelectual

                   La Voz de Galicia

Educación recorda aos colexios que non poden proxectar películas             Santiago / La Voz  06 de enero de 2015


Unha circular tras a entrada en vigor da nova Lei de Propiedade Intelectual insiste en que só é posible reproducir pequenos fragmentos

A Consellería de Educación remitiu aos centros educativos unha circular a finais de decembro para recordarlles que non reproduzan películas o calquera outro tipo de material audiovisual. E é que a nova Lei de Propiedade Intelectual insiste neste tipo de infraccións e nos últimos meses determinadas entidades que xestionan os dereitos dos produtores audiovisuais puxéronse en contacto coa Consellería preocupados de que algún centro non teña suficiente coñecemento da normativa, «o que podería conlevar, con ou sen intencionalidade, a unha vulneración dos dereitos de propiedade intelectual».
Desde a Xunta aseguran que os centros xa non poden reproducir de forma íntegra unha obra audiovisual, polo que a circular emitiuse para que non o esquezan tras a entrada en vigor da lei. Parece que os tempos cambiaron desde que nas aulas se proxectaban películas completas, documentais ou series. Actualmente, o profesorado de educación reglada non necesitará a autorización do autor ou o editor para distribuír ou reproducir pequenos fragmentos, pero só cando o faga no ámbito educativo; en horario lectivo, é dicir, non como actividade extraescolar; non sexa un fragmento pequeno, e como pequeno  defínese «un extracto ou porción cuantitativamente pouco relevante sobre o conxunto da mesma»;e cando a obra estea xa divulgada -nada de extractos de películas sen estrear- incluíndo o nome do autor e a fonte «salvo que resulte imposible».
A circular da Consellería de Educación establece que só así os xestores de dereitos non poderán esixir autorización previa aos centros, nin compensacións económicas posteriores. Pero no caso de que se proxecten íntegramente sen autorización, non entraría nas excepcións que introduce o artículo 32 do Real Decreto 1/1996, do 12 de abril, no que se permite facelo con fins educativos.
O certo é que a circular xenera debate nos foros de profesores, que recorren a documentais e películas para traballar cos alumnos distintas temáticas. Nen sequera teñen moi claro se as que non poden proxectarse son as películas que o centro ou o profesor posúe, pero si aquel material legal que está en Internet.
Desde a propia Consellería de Educación, porén, apuntan que non se  presentaron queixas ou denuncias por parte dos xestores dos dereitos «porque os centros xa sabían que só poden exhibir fragmentos e con fins educativos».

Ningún comentario:

Publicar un comentario