O martes 10 de febreiro estiveron no noso colexio uns oleiros de Buño. Todos os alumnos do centro tivemos a oportunidade de ver e probar como se traballa o barro no torno, dándolle diferentes formas ata obter cuncas, petos, xerras, ...
Foi sorprendente ver o que empregaban para rematar as figuras: fío, plumas de galiña, cristal, anacos de canaveira e pintura tamén feita de barro. Ademais cada alumno e alumna fixemos as nosas propias figuras con moldes de xeso.
Foi unha estupenda experiencia da que todos disfrutamos e aprendemos.
Dende aquí queremos dar as grazas aos dous oleiros que viñeron e que amablemente nos amosaron a súa arte no traballo do barro.
Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario