CONCOURS DE CUISINE fRANCOPHONE
Con data do luns 13 de abril, acudimos a Ordes, ó
IES Nº1, para participar no “Premier
Concours de Cuisine Francophone” organizado polo Département de Français
daquel instituto. Alí aproveitamos tamén para visitar unha preciosa
exposición sobre Le Petit Prince, na
que había documentos moi curiosos en torno á obra de Saint-Exupéry e
nomeadamente vinteseis versións da obra noutras tantas linguas distintas!!!
Fomos Nerea
Castro, Alba Mallo, Sheila Parafita, e a nosa profe de Français,
Ilda Lortes. Había moito ambiente, moita xente no público e moitos nervios
entre as participantes!!!!
Presentáronse 14 receitas moi lucidas, aínda que xa
sabedes cal era a mellor, e non…??? Nós presentamos un prato ben elaborado que
nos deu ben que facer…: Hachis Parmentier.
O xurado estaba composto por catro persoas: a Consulesa Honoraria
de Francia da Coruña, unha cociñeira do Restaurante Nogallás de Ordes, unha
profesora de Français do IES Rosalía de Castro de Santiago, e o xefe de estudos
do IES Nº1 de Ordes.
Despois de visionar e cualificar os catorce videos onde
as participantes explicaban a receita e a elaboración da mesma, o xurado
procedeu a catar os pratos presentados e a puntualos. De seguido, reuníronse
para deliberar, e finalmente emitiuse o veredicto…
Desta volta non houbo sorte, pero aínda así quedamos
contentas da nosa andaina culinaria e tamén pola nosa compañeira Andrea Lamas,
ex-alumna do noso centro e actualmente alumna de 2º Bach do IES Nº1 de Ordes.
Ela gañou o premio correspondente ó
nivel de Bacharelato cunha receita de Macarons.
Noraboa Andrea!
Foi unha experiencia divertida que repetiremos de seguro
noutras ocasións, e mesmo axudaremos a colocar as mesas, como fixemos onte.
ALLEZ, LES FILLES!!! COURAGE!!! LE PROCHAIN CONCOURS SERA À NOUS!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario