martes, 7 de abril de 2015

Visita de Fina Casalderrey


Fina Casalderrey
           "Son escritora non porque escriba, senón porque me ledes"
O 27 de marzo tivemos a visita da autora de Dúas bágoas por Máquina e O misterio dos fillos de Lúa entre outros moitos libros.
Foi unha charla moi amena e divertida, pasounos o tempo voando escoitando as súas historias. O primeiro que nos preguntou foi: Que é ser un escritor? E contestounos que escritor pode ser calquera, calquera de nós pode contar historias, pero o importante é que haxa alguén que nos escoite ou que nos lea. Deunos as grazas por ler e por ler os seus libros. Contestou todas as nosas preguntas e rematou a charla cunha pequena historia: "Eu son eu", moi graciosa pero tamén moi emotiva porque a protagonista é unha avoa que vai perdendo a memoria.
Despois fixemos unha fila para que nos firmara o libro e agora temos un libro dedicado pola autora.





























Ningún comentario:

Publicar un comentario