O día 14 de xaneiro contamos no centro coa escritora Rosalía Morlán. Rosalía, nada no concello de Trazo, falounos dos seus libros e da influencia que tivo na súa poesía a súa nenez na aldea. Acompañou a escritora o cantautor Manuele de Felisa, que interpretou poemas da escritora recollidos no CD "Canta a lúa coas estrelas
Nestes días que as bibliotecas escolares seleccionan materiais para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, lembramos queMamá Cabra eCarmen Gil acaban de publicar o libro-discoA bruxa Discordia. Cancións para a paz na coleccción Sonárbore daEditorial Galaxia.As ilustracións son deIria Fafián.
Galaxia explica que, no contexto social actual, A bruxa Discordia constitúe un álbum ateigado de valores positivos pensado e desenvolvido tendo en conta as necesidades dos nenos e nenas. Mensaxes como a importancia de compartir, de respectar ao próximo ou de convivir en harmonía escritas na súa propia linguaxe e transportadas a través dun dos vehículos máis eficaces: a música.
Material ben acaído para os primeiros lectores e para acompañar no Día da Paz (30 de xaneiro)
Velaquí unha mostra das cancións que inclúe o libro-disco:Baile da paz